Notas de prensa

Núñez Feijóo destaca o compromiso cunha industria enerxética eficiente

O presidente da Xunta visitou as instalacións da central térmica das Pontes de García Rodríguez. e destacou o compromiso cunha industria enerxética eficiente, respectuosa co medio e na primeira liña do sector en España. Resalta a reforma da central térmica das Pontes que permitirá reducir as emisións á atmosfera de acordo coas directivas europeas máis esixentes.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou o compromiso da Xunta cunha industria enerxética eficiente, respectuosa co medio e na primeira liña do sector en España.

Deste xeito subliñou, durante unha visita ás instalacións da central térmica das Pontes de García Rodríguez, os plans de reforma nos cales está inmerso este complexo, cunha tripla aposta: co medio, xa que a construción de dúas novas plantas onde se eliminarán os gases producidos pola queima do carbón permitirán reducir as emisións contaminantes á atmosfera de acordo coas directivas europeas máis esixentes, antes dos prazos previstos; con Galicia, xa que con estas obras a central reforza a súa viabilidade e o seu carácter estratéxico; e co emprego na comarca de Ferrolterra, tanto a través da participación de empresas auxiliares da comarca para levar a cabo as construcións como dos profesionais que traballan na central.

Para garantir a complexa execución destas actuacións, Feijóo lembrou que o Goberno galego buscou a alternativa idónea para mellorar o proxecto, acordando unha nova vía de acceso ao municipio, coa previsión de que estea licitada no menor tempo posible.

Así mesmo, o titular da Xunta referiuse tamén ao obxectivo de Endesa de aumentar en máis dun 30% o seu parque eólico instalado en Galicia. Ao respecto, precisou que dos 21 parques eólicos que foron declarados como proxectos de especial interese, catro van ser desenvolvidos por Endesa, cun total de 92MW: tres instalaranse na provincia de Lugo e un na provincia de Pontevedra. E, xunto con estes, os plans de investimento da empresa na Comunidade recollen a instalación de 120MW máis noutros catro parques.

NotaDeste xeito, o investimento previsto pola compañía en Galicia nos vindeiros anos alcanzará os 250 millóns neses 8 parques eólicos que, sumados ao investimento que está a facer na transformación desta central, ascenden a 475 millóns.

Ao longo da visita, Feijóo resaltou tamén a aposta mobilidade sustentable entre os seus empregados reflectida na instalación de electrolineiras na central.

O presidente do Goberno galego concluíu lembrando os retos marcados nas Directrices Enerxéticas de Galicia aprobadas recentemente no Consello da Xunta e entre os que destacou o de aumentar a produción de enerxía a partir de fontes renovables. Cunha mobilización de 3.000 millóns de euros ata 2020 e a instalación de máis de1.200 MW.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES