//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
Música no claustro regresa á catedral de Tui coa edición de maior envergadura e internacionalidade do festival, deseñado e coordinado por Samuel Diz. Durante sete días, do sábado 4 ao venres 10 de agosto, a programación ofrecerá reencontros coa música, co patrimonio e coa creación, aos que se suma o concerto de presentación realizado o pasado 14 de xuño no Museo Nacional de Escultura. Esta edición con dobre sede pon a atención no nome propio de Diego de Avellaneda, bispo de Tui durante preto dunha década no século XVI e arredor do que se articula un programa narrativo de catro concertos de primeiro nivel con músicas renacentistas, barrocas, contemporáneas e jazz.
Este órgano asesor da Xunta de Galicia vai organizar en 2021 o Congreso mundial 'Santiago de Compostela: camiño do saber, do andar e do crer', que afondará nas tradicións xacobeas e cultos locais en todo o mundo.
A Banda Artística de Merza, considerada a máis antiga de Galicia, réndelle tributo a Queen no marco do programa Atardeceres no Gaiás e dos actos de celebración do 190º aniversario da súa fundación. A formación crucense estará acompañada polo coro vigués Gli Appassionati neste concerto de estrea do novo proxecto Queen Symphony, que se poderá seguir mañá ás 21:00 horas con entrada libre e de balde, na praza central da Cidade da Cultura de Galicia. Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañados polo alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero; e mais polo presidente e director da banda, Francisco Fernández e David Fiúza, respectivamente.
O D.O.G. ven de publicar o procedemento a seguir, ademais de determinar os efectos das homologacións e validacións, distribución de competencias entre departamentos e de regular prazos e documentación que se esixe en cada caso.
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia remata cun récord de asistencia de espectadores, chegando case ao 100% da ocupación das localidades no Castelo e cunha participación masiva nas rúas e nas actividades paralelas. O Premio do público recaeu na compañía A PANADARÍA, co espectáculo ELISA E MARCELA, superando por décimas á segunda máis votada, a mexicana Los Colochos con Mendoza. Esta edición destacou pola media alta de asistencia e valoración dos espectáculos, tamén pola proxección internacional e pola repercusión que a MIT está tendo en diversos ámbitos, do económico ao social.
O grupo reunirase na Cidade da Cultura de Galicia para propoñer as liñas de actuación e os obxectivos para o sector. Participarán representantes das principais entidades e empresas audiovisuais de Galicia, entre elas, o Clúster Audiovisual Galego, a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, o Centro Galego de Artes de Imaxe, a Corporación Radio e Televisión de Galicia, a Asociación Galega de Guionistas, a Asociación de Profesionais da Dirección e da Realización de Galicia (CREA), Vaca Films, CTV, Ficción Producciones, Zeitum Films e Agallas Films.
A cidade de Leeuwarden, Frisia (Holanda), Capital da Cultura Europea de 2018, acollerá a semana do galego cun amplo programa de actividades. Grazas a Afûk (a institución que promove a lingua e cultura frisia), á Mesa pola Normalización Lingüística e á Fundación Vía Galego coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela e do Concello de Pontevedra desde o 22 ao 29 de xullo o galego será o protagonista do Pavillón das Linguas. O proxecto Pavillón das linguas (Lân fan Taal) consiste en amosar a diversidade lingüística europea e a existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes.
Expertos de diferentes partes do mundo participan desde hoxe en Santiago de Compostela na XI edición do curso de verán Leccións Xacobeas Internacionais na Universidade de Santiago que este ano se celebra baixo o lema O Camiño de Santiago no Ano do Patrimonio Cultural Europeo. Trátase dunha iniciativa formativa que conta co apoio de Turismo de Galicia e que, ano a ano, se converte nun destacado punto de encontro e de reflexión ao redor do fenómeno xacobeo.
Os concertos de Airiños de Fene, os irlandeses Lúnasa e os Bretóns-Escoceses The Celtic Social Club pecharon onte á noite unha edición histórica cargada de emoción e lembranzas no seu 40º aniversario. Unha completa programación cultural e musical de 4 intensos días nos que pese á coincidencia na fin de semana con outros festivais, máis de 70.000 visitantes elixiron a música Celta. O protagonismo da Escola de Gaitas, fundadores do evento, así como do grupo Milladoiro, formación ligada ao festival desde os comezos fixo emocionarse a veciñanza e artistas.
Atardecer no Gaiás o ciclo de concertos ao solpor e de balde durante o verán da Cidade da Cultura de Galicia contará esta semana coa actuación da multinstrumentista Dom La Nena, unha das novas voces femininas máis brillantes do panorama internacional, que con tan só 29 anos está a recibir eloxios da crítica especializada de medios como The New York Times, The New Yorker, Wall Street Journal, LExpress, Le Figaro ou El País. Dom La Nena naceu no Brasil, criouse na Arxentina e vive en Francia. Deste periplo vital dan constancia o abano de idiomas dos seus temas e tamén se reflicte no seus rexistros musicais, que flutúan entre o jazz, pop e a bossa nova.
O 30 de abril reuniuse o xurado do Certame convocado polo Centro Cultural Ignacio Rey Stolle de Bazar (Castro de Rei), con motivo do seu Cincuentenario, formado por Severiano Ónega Ares (Fundación Blas da Ponte de Outeiro), José Luis Ramudo Ramudo (xornalista), José María Teijeiro Regueiro (Secretario do Centro), e Xulio Xiz Ramil (xornalista).
Un grupo de 157 alumnos e alumnas, residentes nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, acompañados de profesorado de 11 dos 19 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega enmarcado no Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León rematan hoxe a visita de estudos que os trouxo a Galicia.
Téñense remitido á Xunta de Galicia 1.778 adhesións recibidas no Concello de Paradela apoiando a petición de que se conceda a MEDALLA CASTELAO ao crego e musicólogo nado naquel concello XESÚS MATO MATO. Destas adhesións, 1.431 son individuais, e 147 de entidades, asociacións, institucions ou empresas.
Arranca "Ourense ICC Week" 2018, que converte un ano máis a provincia de Ourense no punto de encontro da vangarda creativa audiovisual e cultural, cun amplo programa de conferencias, concertos, obradoiros e actividades tecnolóxicas, organizados pola Deputación de Ourense, que se desenvolven entre hoxe e o vindeiro domingo, 5 de maio.
Unha das citas musicais de referencia do noroeste peninsular regresa este verán con máis de 100 actuacións de balde que inundarán máis de 15 escenarios urbanos da Coruña, como a praia de Riazor, prazas, museos, teatros, parques, rúas e locais de referencia da cidade. Ana Curra, Christina Rosenvinge, Group A e Mordem son as primeiras artistas confirmadas.
O documental, dirixido por Rosario Sarmiento, foi un dos proxectos galardoados no I Concurso de Ideas Luísa Villalta de Iniciativas Culturais pola Igualdade, convocado pola Deputación da Coruña. A proxección do documental seguirá un coloquio sobre as circunstancias da muller na arte.
Este xoves, 26 de abril, alcanzouse no Concello de Paradela o número de 1.200 adhesións á petición formulada polo Concello para que a Xunta de Galicia conceda a Medalla Castelao ao crego e musicólogo Xeús Mato Mato. Nos últimos sete días a cifra de adhesións recibidas foi de 500.
O Día das Letras Galegas dedicado a María Victoria Moreno ocupa os espazos centrais das librarías e bibliotecas cos títulos da escritora á que a Real Academia Galega homenaxeará o 17 de maio, mais tamén con libros nos que ela é a protagonista.
A Xunta canaliza a súa achega a esta mostra internacional de documentais a través da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais. O programa deste ano estende a súa duración a seis días, do 26 de abril ao 1 de maio, ademais de aumentar o número de actividades e os filmes de estrea, entre outras novidades.
A obra do máis recoñecido dos autores escandinavos pode verse ata finais do ano 2018 no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia, comezando por títulos como Xogos de verán, Un verán con Mónica ou Amorodos salvaxes. Continúa no mes de maio coa célebre O sétimo selo.