
O concerto Queen Symphony na Cidade da Cultura constitúe sen dúbida a gran cita deste verán no ámbito sinfónico e musical, un encontro no que a nosa cultura e lingua propias terán oportunidade de dialogar cun dos grandes grupos da historia da música universal, destacou o secretario xeral de Política Lingüística.
Pola súa parte, o director da Agadic incidiu no compromiso da Consellería de Cultura co apoio e a difusión da actividade bandística e na importancia do papel que exercen estas formacións musicais na creación e na consolidación de públicos consumidores e produtores de música no futuro.
Queen Symphony constitúe a reinterpretación de carácter sinfónico dos éxitos da mítica banda inglesa, composta no ano 2002 por Tolga Kashif e estreado mundialmente no Royal Festival Hall coa Royal Philharmonic Orchestra, da man da Banda Artística de Merza con acompañamento do coro vigués Gli Appassionati, coa participación dun cento de instrumentistas e 70 voces que permitirán escoitar de xeito totalmente diferente e novidoso os temas da formación liderada por Freddie Mercury.
A estrea do novo proxecto despide o mes de xullo do programa Atardeceres no Gaiás, que ofrece 21 actuacións entre xullo e agosto nunha edición deseñada como unha aposta polas voces femininas. Toda a información e calendario de concertos no web http://www.cidadedacultura.gal/es/evento/atardecer-no-gaias-2018 e na Axenda de Cultura de Galicia.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.