Lidos os traballos presentados, todos eles publicados na Plataforma en Internet GaliciaDigital, acordan emitir o seguinte fallo:
- Primeiro premio, dotado con 500 e trofeo, para o traballo Breve historia de Bazar e o seu Teleclub, do que é autor Antonio Cendán Fraga, publicado en G.D. o 15-3-2018.
- Segundo premio, dotado con 250 e trofeo, para o traballo O Mago, de Benito Ónega Quintela, de Lugo, publicado o 19 de marzo de 2018.
- Premio especial, de 250 e trofeo, para o mellor traballo dun/dunha estudante do Concello de Castro de Rei, para Historia, de Iria Pérez Piñeiro, de 10 anos, alumna de 5º de Primaria do Colexio Veleiro Docampo de Castro de Ribeiras de Lea.
Pola calidade dos seus traballos, concédense cadansúa Mención de Honra dotada con trofeo, a:
- Volver, de Alejandro P. Ferreiro, de Bazar, publicado o 16 de marzo de 2018.
- Namorada de ti, verde compañeira, de Maite Cupeiro Aguiar, de Coea-Castro de Rei.
Os premios serán entregados no decurso das celebracións do Cincuentenario do Centro Cultural Ignacio Rey-Stolle, de Bazar-Castro de Rei.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.