Notas de prensa

1.778 adhesións á petición da MEDALLA CASTELAO para XESÚS MATO MATO

Téñense remitido á Xunta de Galicia 1.778 adhesións recibidas no Concello de Paradela apoiando a petición de que se conceda a MEDALLA CASTELAO ao crego e musicólogo nado naquel concello XESÚS MATO MATO. Destas adhesións, 1.431 son individuais, e 147 de entidades, asociacións, institucions ou empresas.

Entre as últimas adhesións colectivas recibidas hai empresas (Maderas Besteiro, Gráficas Lucenses, Editorial Galaxia…); Centros educativos (Instituto Lucus Augusti, Politécnico, Colexio Ramón Piñeiro, Colexio Fingoi, Escola Aulos…); Parroquias (San Francisco Javier, Alta, Veral, Mera….); Corais (Orfeón Xoan Montes, Ecos do Miño; Rosalía de Castro, Sorozábal e Pleamar, de Bizcaia; Coral do Concello de Sarria…), Asociacións (Círculo das Artes de Lugo, La Unión de Sarria, Casa de Galicia de Santurtzi, Rosalia de Castro de Barakaldo, Centro Galego de LLodio, Asociación Senior de Telefónica ou Voluntarios da Cruz Vermella de Sarria…), Concellos (O Corgo, Páramo…); Asociacións de veciños (Nova Abella, Pena, Guillar, Galegos, Vicinte ou San Mamede dos Ánxeles…); así como de Paradela a Asociación de Mulleres Rurais, S.D. Paradela, ou Montes en Man Común.

Concello de Paradela, 2018-05-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES