Noticias

Reunión en Compostela do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago

Este órgano asesor da Xunta de Galicia vai organizar en 2021 o Congreso mundial 'Santiago de Compostela: camiño do saber, do andar e do crer', que afondará nas tradicións xacobeas e cultos locais en todo o mundo.

Galicia acollerá o vindeiro Xacobeo 2021 un congreso internacional que, baixo o título Santiago de Compostela: camiño so saber, do andar e do crer, reunirá a expertos de todo o mundo para promover o debate científico e académico ao redor das peregrinacións´, das tradicións xacobeas e cultos locais. Así o acordaron os membros do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, que se reuniron no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, en Santiago de Compostela, para facer balance das súas actividades e avanzar nas futuras.

A xuntanza -á que asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto á comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, na súa condición de secretario deste organismo- serviu, ademais, para poñer de manifesto a intención do comité de reforzar o seu papel asesor da Xunta no eido xacobeo de cara ao 2021 para afondar no coñecemento dos valores que identifican e singularizan ao Camiño de Santiago e promover actividades de debate científico arredor da peregrinación.

Deste xeito, ademais deste congreso internacional, tamén acordaron celebrar outro en 2019 ao redor do arcebispo de Santiago de Compostela, Berenguel de Landoira. Tamén intensificarán a súa colaboración coa Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións –organizada pola Universidade de Santiago de Compostela co impulso de Turismo de Galicia– coa celebración dun encontro mundial de Centros de Estudos Xacobeos. O Comité de Expertos reforzará ademais o seu papel internacional con maior presenza en ámbitos como o británico para afondar nas rutas de peregrinación marítima.

O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago é o órgano asesor da Xunta de Galicia no eido xacobeo desde a década dos anos 90. Ao abeiro do Plan director do Camiño de Santiago ten recuperado os Congresos Internacionais de Estudos Xacobeos e destaca, ademais, pola promoción que os seus membros desenvolven nos seus respectivos países, difundindo as publicacións científicas da Xunta, dirixindo revistas, teses e investigacións sobre o fenómeno xacobeo no seu territorio. Tamén realizan un intenso traballo no movemento asociativo vinculado ao Camiño de Santiago.

R., 2018-07-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES