
De feito, sinalou que, no caso de España, os programas que tiveron unha xestión centralizada lograron un nivel de execución e un grao de cumprimento de obxectivos moi por debaixo dos obtidos por parte dos que foron xestionados directamente polas comunidades autónomas. Pedimos firmemente que se siga contando coas rexións, remarcou.
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético explicou na súa intervención que isto é clave para sectores como o da automoción, para o cal reclamou a adopción de medidas urxentes en Europa que garantan unha transición xusta para esta industria.
Entre elas, considerou indispensable que se flexibilicen as normativas e os obxectivos establecidos, e que se dea a posibilidade de que non se establezan os mesmos requirimentos para todos os segmentos de vehículos, en especial, para aqueles de menor tamaño. Tamén solicitou reconsiderar a aplicación de sancións previstas en caso de non alcanzar as metas fixadas, modificar as normas das axudas de Estado para ampliar as posibilidades de apoio, así como a simplificación das tramitacións que teñan que levar a cabo os proxectos que se vaian implantar na Unión Europea.
Segundo recalcou, estas medidas son moi necesarias non só para contribuír á transformación do sector, senón para que as empresas poidan competir coas de terceiros países nun escenario tan complexo como o actual, onde está en risco a propia supervivencia desta industria se non se actúa de forma contundente, concluíu.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.