//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
Trátase dun percorrido no que o comisario, Manuel Gago, e o coordinador da mostra en Ferrol, Guillermo Llorca, estarán rodeados dalgunhas das persoas con máis traxectoria na investigación sobre o pasado da cidade. Nese grupo están: Esperanza Piñeiro de San Miguel, historiadora e catedrática de Historia de Ensino Secundario xubilada; Carmen Porta Losada, xefa de Arquivo e Biblioteca do Concello de Ferrol; José Antonio Rodríguez Villasante Prieto, tenente coronel de Intendencia da Armada, membro da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando; e Margarita Sánchez Yáñez, cofundadora e membro do consello de redacción de Estudios Mindonienses.
O galardón convocarase cunha periodicidade bienal e será unha das moitas iniciativas para celebrar o centenario do autor. Desta forma, outro dos actos culturais será unha exposición itinerante que comezará en Vigo e percorrerá as principais cidades galegas. Tamén se editará o libro 'Oroza 100', no que participarán cen artistas, intelectuais e escritores aportando a súa visión do autor e as súas propias experiencias. Carlos Oroza (Viveiro, 1923 Vigo, 2015) foi un dos grandes creadores que viviu na cidade de Vigo, e con todo, o seu nome e a súa obra aínda son unha grande descoñecida entre os galegos, polo que estamos ante unha oportunidade única para afondar na divulgación do traballo do poeta e creador.
Vigo será o escenario para medio centenar destas citas, concentradas nos catro primeiros meses do ano e das que 37 son de teatro, 10 de danza, dúas de novo circo e unha de maxia. Así, a actividade da Rede de Teatros e Auditorios neste 2023 arrancará na cidade olívica esta mesma fin de semana co espectáculo de rúa Pachamama, co que Troula Animación estará na Porta do Sol o venres e sábado, ás 19,00 h. A partir de febreiro, a programación trasladarase ao Auditorio Municipal, que ese mes acollerá a Teatro del Barrio con Como hemos llegado hasta aquí os días 3 e 4, Magia en la Manga con The Best magic Trick in the World o día 5, Teatro DeuVe con 3240 os días 10 e 11, Teatro Spasmo coa montaxe infantil La mejor obra de la historia o día 12, Teatro Portal 71 con Sexpiertos os días 24 e 25 e Teatro N+1 coa proposta para público familiar Divertimentos o día 26.
O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga reestrean este xoves no Salón Teatro de Santiago a súa produción A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (A contenda do río Miño), versión da peza teatral escrita en 1671 por Gabriel Feixóo de Araúxo e da que se cumpre o 50º aniversario da súa primeira posta en escena pola compañía coruñesa Teatro Circo, da man de Manuel Lourenzo e José Estruch.
O Centro Galego de Arte Contemporáneo pechou 2022 con 49.150 visitantes, un 30% máis que o ano pasado, o que supón consolidar a súa recuperación pospandemia. Organizáronse 14 exposicións e máis de 200 actividades, entre simposios, visitas organizadas, presentacións de libros, retrospectivas cinematográficas ou talleres expositivos. Entre as mostras expositivas destacaron, entre outras, O museo como escenario; Narelle Jubelin. Nalgures; Suso Fandiño. Wunderkammer; Camiños III; Claudio Zulian. Vidas ou Raniero Fernández. O Arquivo.
Tendo como alicerces a Lei Paz Andrade, da que toma o nome, así como a Estratexia Galega de Acción Exterior e a Lei reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, este observatorio, terá como finalidade asesorar ao Goberno, formular plans de acción e programar actividades de coñecemento, intercambio e programación ao tempo que funcionará como un foro permanente de diálogo entre as distintas administracións públicas e outras organizacións representativas con interese neste ámbito. Segundo os datos reportados, 3888 alumnos de ESO e Bacharelato estudan portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira neste curso 2022-23, o triple que cando entrou en vigor a lei a prol dos vínculos coa lusofonía.
Dentro da programación do Bicentenario do Concello de Paradela, ven de publicarse o libro XESÚS MATO, 90 anos
e 50 do seu Fuxan os Ventos, como homenaxe ao crego e musicólogo fillo predilecto do Concello de Paradela. O libro, publicado por Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria, coordinado por Antonio Giz e Xulio Xiz, co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Paradela, a través de 166 páxinas, é un percorrido pola traxectoria vital de Xesús Mato e Mato, co gallo de cumprir 90 anos o pasado 29 de outubro, e medio século da creación do grupo Fuxan os ventos, do que foi alma máter, sendo tamén da súa autoría a letra e a música da canción que deu nome ao grupo.
A Cidade da Cultura avanzou o seu programa de actividades para o primeiro semestre deste ano, no que salientan unha vintena de exposicións e intervencións artísticas e paisaxísticas, o reforzo do seu programa de residencias e unha destacada aposta pola itinerancia dos seus contidos culturais, que chegarán a cidades como París, Cáceres, A Coruña, Lugo ou Vigo. Unha das grandes novidades da programación expositiva do Museo Gaiás chegará en marzo coa mostra Detrás do espello. Galicia na obra de autores foráneos do século XX.
Os espectáculos teatrais, a gran maioría de produción galega, concentran boa parte da oferta da rede, con 250 funcións programadas a cargo de 79 compañías profesionais. Destacan, entre eles, algunhas das agardadas novidades da actual temporada teatral, como a estrea no Teatro Rosalía Castro de Mosca, no que a compañía Ártika aborda o drama do acoso escolar con Gustavo del Río na dirección, ou de Vox Populi, de Malasombra, ópera rock de gran formato que se estrenarña proximamente en Narón.
O Centro Dramático Galego inicia hoxe a súa programación de 2023 coa primeira das preto de 90 funcións que desenvolverá ata finais de abril en Santiago de Compostela, tanto na súa sede do Salón Teatro como no Salón Nobre do Pazo de Fonseca e na Cidade da Cultura de Galicia. Destacan nesta carteleira a posta en escena de seis das producións propias e coproducións da compañía da Xunta de Galicia, entre as que se inclúen as estreas e temporadas de exhibición dos espectáculos Shakespeare en Roma e Un hotel de primeira sobre o río.
Ao longo deste 2021 o proxecto arqueolóxico de Armea, nado en 2011 no marco da colaboración entre o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo e o Concello de Allariz, celebrou unha década de existencia. Para facer balance do traballo realizado e do seu impacto, vén de publicarse o libro 'Armea, 10 anos de actuación sobre o patrimonio cultural como motor de desenvolvemento rural'.
O espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, despide este ano cunha ampla e diversa proposta cultural iniciada coas artes performativas que onte levou á sala a N+, de Masako Hattori, e continuará hoxe con CIAN, de Cris Vilariño, ás 20:00 horas. O luns, 20 de decembro, tamén ás 20:00 horas, actuará o Coro da UDC co concerto de Nadal.
'Liberar a música dos espazos de escoita convencionais'. Esta é a proposta de 'Vertixe 9. En paralelo', un programa de intervencións, obradoiros, conferencias e concertos que dan continuidade á novena edición do Festival Vertixe Sonora de Creación Musical Contemporánea e que se desenvolven nestes días en diferentes puntos de Pontevedra.
Un Nadal máis, as nenas e nenos de Ourense teñen unha cita coas artes escénicas na Moti, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense, que este ano cumpre a súa maioría de idade, 18 anos. A pesar da redución do seu orzamento á metade, o certame consegue volver á palestra con sete espectáculos e nove representacións, de xéneros diversos e para distintos públicos, que se desenvolverán do 27 ao 29 de decembro e o 2 de xaneiro no Teatro Principal e no campus de Ourense.
Poucas horas antes de que tivese lugar á súa inauguración oficial, dez estudantes do campus convertéronse nos primeiros protagonistas da sexta edición do Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas, que, un ano máis, abría o seu programa de proxeccións cos resultados do obradoiro que cada curso promove xunto coa Vicerreitoría do campus.
Os escritores lucenses Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares presentarán os seus últimos poemarios respectivamente *ADN do infinito*, editado en Galicia, e *Vaga-lumes ao meio-día / Luciérnagas al mediodía*, editado en Brasil no Centro Sociocultural de Fingoi este martes. Trátase de dous poemarios de carácter principalmente amoroso, temática que tanto Claudio Rodríguez Fer en galego como Saturnino Valladares en castelán teñen cultivado intensamente.
A obra gañadora do VI Concurso Balbino de Relatos, Gumes entre a néboa, publicada por Edicións Fervenza, foi presentada esta fin de semana nun acto no que tamén se procedeu á entrega do premio ao gañador desta edición, Xosé Alfredo Naz Fernández, e que tivo como escenario o Museo do Mar de Vigo, na cidade natal do autor, e que contou co acompañamento musical de Mr. D. de 'Moon Cresta'.
Coas súas seccións competitivas centradas nos primeiros e segundos filmes de realizadores e realizadoras noveis, o Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas desenvolverá entre o martes 14 e o domingo 19 de decembro a súa sexta edición. Ao longo da vindeira semana, proxectaranse no Teatro Principal os 13 filmes de diferentes países, a meirande parte deles estreas en Galicia, que foron seleccionados para as súas seccións oficial e Latexos, ao que se suman outra serie de proxeccións.
A música de cámara volverá sonar este mes no auditorio da Casa do Saber de Lugo da man do convenio Lugo Cultural, unha iniciativa promovida con apoio económico da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, que ofrece en decembro tres concertos incluídos nos ciclos Músicas a carón da Mosqueira e na nova proposta para as mañás dos sábados 'Clásica antes do Vermú'.
'Non-artistas. Obradoiro para descubrir o teu lado creativo' é o título do taller que os estudantes da Facultade de Belas Artes Ailén Anahí Alcoba, Ada Amigo e Pedro Arranz levaron a cabo na Vicerreitoría do campus e no que convidaron a 14 persoas a explorar a súa creatividade dando forma a serie de obras que, ao longo do obradoiro, ían sumando as achegas do resto de participantes.