
No ano 1933, en Bos Aires, o poeta español Federico GarcÃa Lorca e o poeta chileno Pablo Neruda pronunciaron un cómplice discurso “al alimón” ou sexa, feito a dúas voces, inusual procedemento que hoxe retomarán en Lugo o director da Cátedra Valente de PoesÃa e Estética, Claudio RodrÃguez Fer, e o profesor da Universidade Federal do Amazonas, Saturnino Valladares, irmandando de novo Europa e América como antes fixeran os seus admirados mestres.
Trátase de dous poemarios de carácter principalmente amoroso, temática que tanto Claudio RodrÃguez Fer en galego como Saturnino Valladares en castelán teñen cultivado intensamente. O libro de Claudio RodrÃguez Fer está profusamente ilustrado en cor pola artista lucense Sara Lamas e o de Saturnino Valladares está prologado e traducido ao portugués polo poeta brasileiro Tenório Telles.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.