Notas de prensa

A sala de exposicións da Universidade da Coruña, NORMAL, remata este ano cunha ampla e diversa proposta cultural iniciada con artes performativas

O espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, despide este ano cunha ampla e diversa proposta cultural iniciada coas artes performativas que onte levou á sala a N+, de Masako Hattori, e continuará hoxe con CIAN, de Cris Vilariño, ás 20:00 horas. O luns, 20 de decembro, tamén ás 20:00 horas, actuará o Coro da UDC co concerto de Nadal.

A programación continuará cun taller para miniarquitectos “Vivir nas nubes” coa arquitecta Nuria Prieto e o arquitecto Luis Santalla o martes 21 de decembro das 18:00 ás 20:00 horas. Para esta actividade as prazas son limitadas e é preciso inscribirse no correo [email protected]. Os menores de 12 anos deben ir acompañados por un adulto.

O mércores, 22 de decembro, ás 19:30 horas, presentarase o libro Soño dunha noite de verán (William Shakespeare, tradución de Miguel Pérez Romero), editado pola Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor.

O xoves, 23 de decembro, ás 19:30 horas, proxectarase o filme documental “Todas as mulleres que coñezo” e haberá un debate coa directora, Xiana do Teixeiro.

Xunto con estas actividades poderá visitarse ata o 7 de xaneiro a exposición “Códigos” de Tatiana Medal en horario de 11 a 22 horas. A entrada a todas ás actividades, agás ao taller “Vivir nas nubes”, é libre até completar a cabida. Non é preciso inscribirse.

Universidade da Coruña, 2021-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (autopista-ap9.jpg) A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
Foto de la tercera plana (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.

Notas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, organzia do 23 ao 27 de novembro a novena edición da Semana da Ciencia, a cita anual coa que pretende achegar o seu labor investigador á sociedade. Nesta ocasión, o programa centrarase nos retos e oportunidades de futuro que se abren nas áreas de investigación nas que traballa o persoal do IGFAE.
Ata o 12 de xaneiro de 2027 a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle a mostra Glaciares a derreterse, da artista italiana Cinzia N. Rojas e comisariada por Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez. Na exposición, o público visitante pode ver unha proxección sobre o desexo glaciar. A mostra foi inaugurada contando coa participación da artista.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES