//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
A Rede Española de Ciencia e Tecnoloxía para a Conservación do Patrimonio Cultural (TechnoHeritage) celebrará a vindeira semana en Santiago de Compostela o seu congreso internacional, logo dunha primeira edición celebrada xa na capital galega en 2012. Nesta ocasión, o 5º Congreso Internacional TechnoHeritage2024 desenvólvese conxuntamente ao 1º Encontro Bienal do Grupo Especializado de Química para o Estudo e Conservación do Patrimonio Cultural (GEQP) da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
O cinema galego volve contar cunha sección propia no London Spanish Film Festival, denominada Letters from Galicia, para exhibir na capital británica algunhas das producións do cinema galego máis recente. A Xunta de Galicia colabora coa asociación Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, e a plataforma Galician Film Forum nesta segunda edición da iniciativa ao abeiro do certame londiniense, que se desenvolve ata o día 25. Letters from Galicia acollera as proxeccións de O Corno (2023) e o documental Salvaxe, Salvaxe (2024), ademais dunha selección de curtas.
A cita inclúe os concertos que terán lugar en diferentes localizacións onde o mércores 2 de outubro actuarán no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia a soprano Roberta Invernizzi, o tenor Marcello Nardis e Ars Atlántica dirixidos polo director Manuel Vilas. O sábado cinco será o turno de Concert le Phénix e Fernando Santiago na igrexa da Universidade, onde tamén estarán El Afecto Ilustrado e Adrián Linares o martes 15. O Teatro Principal acollerá o luns sete de outubro a Dolce Rima, o martes oito a Diego Ares e o sábado 12 a La Reverencia e a Andrés Alberto Gómez. Ademais haberá actividades como conferencias, club de lectura, proxección e improvisacións.
Alberto Ramos (Santiago de Compostela, 1986) licenciouse en Xornalismo pola USC en 2009. Iniciou a súa traxectoria profesional na sección de cultura no diario Xornal de Galicia. Tras o peche da cabeceira, continuou a súa carreira como colaborador en medios como Praza, Nós Diario ou Luzes e especializouse na comunicación de iniciativas culturais. Iniciouse na crítica literaria en 2006 con Dor pantasma, título co que acadou o premio Biblos-Pazos de Galicia de novela. En 2009 gañou o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia coa obra Con acuse de recibo.
A mostra 'Luísa Villalta. A música das palabras' segue a contribuír na difusión do legado da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas. A exposición componse de 14 paneis divulgativos que transportan ao visitante polos fitos máis importantes da vida e obra da coruñesa. A eles súmanse seis vitrinas con pezas orixinais relacionadas coa protagonista e un vídeopoema recitado pola propia creadora. Un repaso que posibilita dunha maneira moi doada e accesible o coñecemento e comprensión da traxectoria de Luísa Villalta vista desde moi diversas perspectivas, como é a súa infancia, a súa etapa universitaria, a súa evolución no eido musical, os seus primeiros escritos ou o seu labor intelectual, activista e docente.
O primeiro concerto do ciclo Ópticas contemporáneas, organizado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, liga este domingo os sons dos devanceiros coa composición contemporánea. A actuación reúne o Ensemble Música Práctica co multiinstrumentista e luthier Abraham Cupeiro, convidado de honra para interpretar por primeira vez en Galicia a obra A constelación de Saxitario, composta especificamente para el polo compostelán Fernando Buide. A peza é un encargo conxunto da Quincena Musical de San Sebastián e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dentro das accións de apoio á creación artística.
A 46ª Semana de Cine de Lugo celebrarase do 23 ao 29 de setembro. A carteleira inclúe 147 películas que poderán verse en cinco espazos da cidade, como a Delegación Territorial da Xunta, a Biblioteca Provincial, o auditorio Gustavo Freire, o Vello Cárcere e o salón de actos da Deputación. Representantes das entidades patrocinadoras e colaboradoras participaron hoxe na presentación do programa xunto a Xulio Xiz, presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e Manuel Curiel, coordinador da iniciativa, que organizan o certame desde o ano 1979.
Manuel María, o poeta da Terra Chá, morreu o 8 de setembro do ano 2024. Desde entón, cada ano, Xermolos de Guitiriz e a Irmandade Manuel María, o 8 de setembro, celebran a "Memoria da Chaira Enteira", á que este ano corresponde a XX edición.
O centro de celebración é a terra natal de O Manuel, Outeiro de Rei, e comezará ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra. Seguiralle (17,00 h.) un recital de poemas de Manuel María no simbólico lugar de As Penas de Rodas, tan querido polo autor de "Terra Chá", libro que conforma a infraestrutura cultural básica desta unidade xeográfica e humana que ocupa o centro da provincia de Lugo.
O festival de monicreques tradicionais Titiriberia anunciou a programación completa da súa novena edición, que desenvolverá en Rianxo do 12 ao 18 de agosto. Desta volta, son 20 as compañías que compoñen a súa carteleira, que inclúe 30 funcións, ademais de obradoiros, mesas redondas e proxeccións. O programa deste ano, ademais de servir de escaparate para numerosas producións galegas, achega á nosa Comunidade outras interesantes propostas procedentes de República Checa, Portugal, Andalucía, Madrid e País Vasco. Viravolta Títeres, Títeres Alakrán, Teatro Airiños ou Trécola son outras das formacións galegas que representarán as súas últimas propostas na mostra, que inclúe dúas producións propias e sete coproducións.
Cultura no Camiño, o circuíto de espectáculos en 88 concellos das rutas xacobeas, continúa o seu percorrido ata finais de agosto con 140 novas citas escénicas e musicais previstas durante todo o mes. Completarase así a 12ª edición desta iniciativa, que arrancou o pasado 15 de xuño para ofrecer este verán máis de 300 actuacións de circo, danza, maxia, música e teatro a cargo de 140 formacións artísticas galegas. A carteleira de Cultura no Camiño, que se enmarca na campaña CulturON da Consellería de Cultura, caracterízase polo seu enfoque familiar, para todas as idades e gustos, desenvolvendo a meirande parte das representacións ao aire libre.
El 3 de marzo de 1974 arrojaron por la noche un artefacto incendiario contra la puerta del Instituto Cultural Español de Dublín, Irlanda, como protesta por la ejecución por medio de garrote vil del joven anarquista Salvador Puig Antich en la antigua prisión Modelo de Barcelona. La rápida intervención de los vecinos, transeuntes así como de los bomberos impidieron que, salvo la puerta de entrada, ardiese el edificio
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación de Lugopoética 2024, un ciclo de encontros arredor da poesía para impulsar novos talentos da man de autores consagrados. Está organizado polo colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e do centro asociado da UNED na cidade.
'Miguel de Cervantes: más allá de la obra maestra' é o significativo epígrafe do último número do Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo, unha obra que se presentará o vindeiro luns en Vigo nun acto que contará coa participación de recoñecidos especialistas neste autor, entre eles, o catedrático da UVigo José Montero Reguera, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, e a catedrática da Universidade da Sorbonne, María Zerari, os coordinadores do volume.
Mañá xoves, día 22 de febreiro, ás 19:00 horas, as investigadoras Ana Dorotea Tarrío Tobar, docente da Área de Matemática Aplicada; e María José Souto Salorio, da Área de Álxebra da Universidade da Coruña, presentarán no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña a súa publicación sobre a matemática coruñesa María Wonenburger.
O próximo xoves, 22 de febreiro, ás 20,00 h., no salón de actos da Biblioteca Provincial de Lugo, van ser presentados dous libros relacionados co Camiño de Santiago en Canarias, obra do lucense afincado nas Illas José Manuel Espiño Meilán. Os libros, publicados polo Goberno autonómico de Canarias (Consellería de Turismo, Industria e Comercio), son AIRAM Y EL APÓSTOL e UN CAMINO DE LEYENDA.
Música, teatro, danza, exposicións, faladoiros, cursos ou propostas audiovisuais integran a programación da Primavera Cultural da USC que xa está en marcha. Nesta segunda edición, a USC leva aos campus de Santiago e Lugo múltiples actividades que estenden a acción cultural da institución dentro e fóra das aulas para fomentar o espírito crítico do estudantado con actividades interdisciplinarias e abertas, na súa maioría, ao conxunto da sociedade.
O convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, explora desde hai xa tres décadas camiños de conexión e espazos de encontro entre o Campus e a cidadanía luguesa a través dunha iniciativa nada da colaboración institucional arredor dunha programación cultural de vangarda que posibilita o goce de ciclos estables de teatro, música e danza, ao tempo que favorece a creación a través de certames e obradoiros de fotografía, cine e videocreación, e mesmo posibilita a celebración en aberto de foros de análise e debate sobre temas actuais de interese ou controversia.
As librarías galegas dan a benvidas as actividades do 2024 conmemorando o tradicional Día de Rosalía de Castro, con actividades que comezan o martes 6 de febreiro. Dende este día e ata o 3 de marzo todos aqueles lectores que se acheguen a calquera das librarías asociadas e opten por facerse cunha nova lectura en galego recibirán, de regalo, unha escolma de textos da autora -ata rematar existencias-. Un agasallo coordinado pola Casa de Rosalía en colaboración coa Fundación Xistral.
A edición número 28 do Festival Internacional de Teatro Universitario bota a andar o vindeiro martes 6 de febreiro, ás 21.00 horas, no Salón Teatro compostelá, coa nova montaxe da Aula de Teatro da USC titulada Antropoloxía do bico (A síndrome do túnel carpiano). A partir de textos de Laura Valeiras, Paulo Mouriño Pereiro, Roberto Salgueiro, Maurice Blanchot e Leila Guerriero, o propio Roberto Salgueiro dirixe esta obra que aborda como o bico inflúe na vida cotiá.
Enrique Labarta Pose (Baio, Zas, 1863-Barcelona, 1925) foi un escritor e xornalista de moitísimas facetas, segundo lembrou o catedrático da USC Jorge Mira na apertura da exposición en homenaxe a este autor, que tivo lugar no Colexio de Fonseca e da que el é comisario. Labarta escribiu narrativa, poesía e teatro nunha época, finais do século XIX, na que non era habitual que un literato cultivase os tres xéneros, e se fixo un nome no eido da prensa satírica española, sendo considerado a principal figura desta na época da Restauración e chegando a fundar cinco cabeceiras.