
Así, a praza de Galicia en Arzúa será o escenario dun concerto de MJ Pérez mañá, xoves, xornada na que o público de Neda poderá gozar do espectáculo de teatro infantil Kori, de Kocorico, de Galitoon, e Leti da Taberna protagonizará o monólogo Enredadas en Vilar de Barrio.
O venres 2 será a quenda da música de Agoraphobia en Ames, Festicultores Troupe en Abadín, Cé Orquestra Pantasma en Vilar de Barrio e Clara Pino e Pablo Vidal no Grove. Tamén haberá propostas de maxia e teatro para todas as idades con Inefable, de Dani Polo, en Begonte; Conto para escoitar mentres bailamos un vals, de Catoxo, en Mondoñedo; Hoxe si!, de Sempre Arriba, en Allariz; Animais artistas e outras cousiñas, de Negro López, en Dozón, e Animacreques, de Cía. Catropés, en Sanxenxo.
Xa na fin de semana, o sábado 3 terán lugar os concertos de De Ninghures en Negreira, Ailá no Pino e Catuxa Salom en Vilalba. Ese mesmo día, a maxia, o humor e o circo correrán a cargo do Mago Charlangas en Portomarín, Raquel Queizás en Ribas de Sil, Kote Malabar en Vilar de Barrio, Estrelas Máxicas en Xinzo de Limia e Dani García en Xunqueira de Ambía. Ademais, o concello de Miño acollerá o domingo 4 unha dobre sesión matutina de teatro familiar con Kinetiko, de Trécola, e Trashumancia sonora, de Paporrubio.
As actividades de Cultura no Camiño nesta primeira fin de semana de agosto achegan outras propostas familiares como Des(a)fiada. Tecendo música, fiando memoria, de Zoelas, en Friol; Maxia sen trucos, de A Maxia de Ian e Elisa, en Vilar de Barrio; Henriko o feiticeiro, de Simplemente Enricco, na Illa de Arousa; Errantes, de Troula de Animación, en Catoira, e Rock and Magic, do Mago Teto en Mos.
Reforzo da contratación artística galega
Na proposta global deste programa para este verán atópanse 93 concertos, 45 funcións de maxia, 55 actividades de novo circo e 110 representacións de artes escénicas, sempre de acceso gratuíto. Ademais, o circuíto funciona como escaparate da produción cultural galega, mobilizando arredor de 500.000 euros en contratacións artísticas a través do investimento da Xunta e dos concellos implicados.
Así, este programa de dinamización dos municipios galegos do Camiño de Santiago mantén o dobre obxectivo co que botara a andar en 2013: por unha banda, descentralizar a oferta escénica e musical galega e por outra, favorecer a contratación de espectáculos profesionais producidos na nosa Comunidade.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.