
No acto participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que destacou que esta iniciativa é moi interesante na medida en que, a través dela, inducimos ao coñecemento e á experiencia literaria de autoras e autores consagrados a xeracións máis novas de creadoras e creadores que están asegurando o futuro da literatura en lingua galega.
Ademais, participaron o presidente de Egeria, Xulio Xiz; a directora da UNED en Lugo, Ana Traseira; a secretaria territorial da Delegación, Marta Barreiro, e algúns dos poetas implicados na iniciativa, entre outros.
Lugopoética ofrecerá seis sesións, reunindo en cada caso un poeta consagrado e un novel para contrastaren e dialogaren sobre os seus poemas e daren lectura a algúns deles. Como colofón ao proxecto, publicarase en formato físico e dixital o Libro de poesía en galego, unha escolma de obras dos novos poetas avaladas polos máis veteranos.
O ciclo será aberto ao público e desenvolverase no salón de actos do centro universitario; tamén será accesible a través da súa canle de Youtube, tanto en directo como en diferido. As persoas que se matriculen gratuitamente na web da UNED recibirán en cada cita un recordatorio coa ligazón para poder conectarse.
Calendario
Os encontros celebraranse ao longo do primeiro semestre do ano, sempre en xoves e en horario de 18,30 a 20,30 horas. Darán comezo esta semana, o día 29, coa intervención de Marica Campo e Eva Teixeiro.
O 14 de marzo participarán Lois Perez Díaz e Daniel Irimia; o 4 de abril, María Xosé Lamas e Brenda Mondelo; o 25 do mesmo mes, Xosé Otero Canto e Antonio Calvo Varela; o 9 de maio Olga Novo e Cristina Corral e o 6 de xuño pecharán a programación Mero Iglesias e Francisco Javier Neira Pampín.
O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.