Archivo (6 del 2024)

Buscador

Noticias

Tivo lugar a presentación da oitava edición do Rompetiño Fest, que contará coas clásicas competicións deportivas do Rompetiño -basket 3x3, break dance, BMX e skate-, todas elas disciplinas olímpicas, e coa participación de deportistas galegos como a skater Julia Benedetti, que estará en París nos seus segundos Xogos; os baloncestistas Marta Canella e Carlos Martínez que están nas seleccións nacionais de 3x3; a ciclista Ainoa Posada, campioa de España infantil de pump track; así como o b-boy David Amor e a b-girl Alicia Babarro, campións de España de break dance sub 21 e júnior, respectivamente.
Os hoteis e pensións galegos melloraron a súa rendibilidade e rexistraron datos históricos de viaxeiros e noites no mes de maio, como así o constatan os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Con 552.000 viaxeiros aloxados e algo máis de 911.000 noites nos establecementos hoteleiros en maio, incrementouse un 16% a cifra de viaxeiros e un 14,5% a de pernoitas, en ambos casos con cifras superiores á pandemia e por riba da media española. Por mercados, destaca o incremento do internacional que medrou un 23% nese mes e Galicia colocouse como a terceira comunidade que medrou con máis intensidade en maio, por detrás de Aragón e Cantabria.
O Foro Económico de Galicia, entidade coordinada desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou no Congreso dos Deputados o documento 'Propuestas para España: la Reforma de la Financiación Autonómica'. Nel recomenda, entre outros moitos aspectos, un federalismo corporativo e a cogobernanza. A presentación estivo encabezada polo presidente do foro, o empresario Emilio Pérez Nieto, e o seu director, Santiago Lago, catedrático da UVigo. O traballo foi elaborado polos economistas Santiago Lago (UVigo); María Cadaval, Xaquín Fernández Leiceaga (USC) e Jorge Martínez (catedrático emérito da Georgia State University).
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe que o Consello de Goberno vén de dar luz verde á 'gratuidade da matrícula para os estudos de grao universitario, así como para os de ensinanzas artísticas superiores (Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais) en centros públicos galegos', tanto no caso de novo ingreso como no de continuidade de estudos, unha medida que será aplicable para o próximo curso e coa que, ademais, se cumpre un 'compromiso adquirido para os primeiros 100 días de goberno'.
Quedan tres meses para inaugurar a oitava edición do festival de cine freak e fantástico de Vigo e o equipo de programación está inmerso na busca das mellores curtametraxes de ciencia ficción, terror, fantasía, humor e animación producidas en todo o mundo e que formarán parte da Selección Oficial do GFFF. O traballo intensifícase logo de pechar a convocatoria de recepción de pezas o pasado 10 de xuño que, gozou de gran aceptación en toda Europa, América e Asia. Recibíronse máis de 400 curtametraxes, que se suman ás máis de 700, a maioría inéditas en Galicia, que o equipo xa leva visionadas.
Galicia avanza cara á neutralidade climática a un ritmo tres veces maior que a media de España e da Unión Europea. Desde a aprobación, en 2019, da Estratexia galega de cambio climático e clima 2050 (EGCCE 2050), as emisións netas de gases de efecto invernadoiro baixaron en Galicia un 19,5%, tres veces máis que a media española (6%) e que a europea (6,1%). Nesta liña, no ano 2022 naceu a Alianza galega polo clima, co obxectivo de conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática. Esta iniciativaque conta xa con máis de 140 entidades adheridas, entre universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos ou empresas.
Sete petiscos, sete cociñeiros e sete cidades. Son os ingredientes da gala show cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia 2024 que organiza a Xunta de Galicia o vindeiro 9 de xullo en Santiago de Compostela na súa estratexia de promoción do turismo gastronómico e urbano. A gala celebrarase no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, unha cita consolidada que vai xa pola súa oitava edición e que deixa patente a variedade e creatividade da gastronomía galega. Os sete cociñeiros que se disputarán o título foron galardoados nos certames de tapas de cadansúa cidade.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, recolleu hoxe en Bruxelas o premio a Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, que recoñece a aposta da Xunta por desenvolver o potencial das nosas catro provincias a través de actividades empresariais que contribúan a fixar poboación. O acto celebrouse no marco da 161 sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións e alí o conselleiro destacou que se viu recoñecida a proposta O rural como espazo competitivo para emprender, que persegue visibilizar a Galicia non urbana como un territorio cheo de oportunidades, tanto para os residentes, como para os galegos retornados ou os moitos que elixen a nosa terra para establecerse.
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, puxo en valor hoxe a aposta da Xunta polo emprego inclusivo no peche da xornada Trazando Camiños: oportunidades e aprendizaxes arredor da orientación especializada en persoas con dano cerebral adquirido, que tivo lugar en Santiago e estivo organizada por Sarela, a Asociación de Dano Cerebral de Compostela. A iniciativa busca reflexionar e poñer en común experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con dano cerebral.
O Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia acada xa unha execución financeira que supera o 83 % do seu importe total. Isto significa, subliñou, que xa se executaron por parte da Xunta máis de 1.300 millóns de euros ao abeiro deste programa, e ademais que o grao de aplicación do PDR supera en seis puntos a media nacional, que se sitúa no 77,2 %. O PDR supón para o rural galego unha aposta por fomentar a competitividade da agricultura na nosa comunidade, así como por conservar e revalorizar o seu patrimonio natural, promovendo a xestión sustentable dos recursos e a loita contra o cambio climático. Este programa representa ademais unha clara orientación cara á mellora da calidade de vida da poboación rural.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (168)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES