Archivo (8 del 2021)

Buscador

Noticias

As baixas temperaturas rexistradas o mes pasado convertérono 'no xullo máis frío desde 2012'. 'O sétimo mes do ano foi inestable e irregular, con frío nas comarcas atlánticas, seco e con poucos días de sol. O valor medio das temperaturas situouse nos 19.0ºC, o que resulta unha anomalía de -0.66ºC respecto ao período de referencia para o conxunto da Comunidade e fai que este período se considere como frío e que haxa que mirar case unha década cara a atrás para atopar un precedente similar. A media das máximas situouse nos 23.2ºC, mentres o das mínimas foi de 12.4ºC.
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo. Por outra banda, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.622 deles 4.144 son da área da Coruña, 2.212 da de Lugo, 1.664 da de Ourense, 2.703 da de Pontevedra, 4.646 da área de Vigo, 2.216 da de Santiago e 1.037 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 257 en unidades de hospitalización e 18.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 139.948 persoas curadas, rexistrándose 2.479 falecementos.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, presentou hoxe no Parlamento o teito de gasto non financeiro para o exercicio 2022 que ascende a 11.571 millóns de euros, e que foi aprobado na Cámara autonómica. Valeriano Martínez cualificou este teito de “prudente e rigoroso” e explicou que ten tres prioridades: dar por superada a pandemia en termos sanitarios, seguir reactivando a actividade económica e o emprego, e garantir a protección e o benestar das familias e das empresas. Ademais, o conselleiro tamén subliñou que permitirá recuperar “a mediados do ano 2022 o nivel de riqueza precovid”, antes que a media de España.
Os datos do paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo confirman, tal e como valorou hoxe a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, que Galicia non só segue a resistir á covid-19 (hai preto de 40.000 parados menos que en abril de 2020, que marca o impacto inicial da crise sanitaria), senón que a cifra de parados rexistrada en xullo (151.934) é menor á de febreiro de 2020 (166.229), xusto antes do inicio da covid-19. O desemprego, ademais, baixou tanto na evolución anual como mensual e nas catro provincias e sete grandes cidades, nas mulleres, nos menores de 30 e maiores de 44 anos e nos principais sectores económicos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.771 deles 4.091 son da área da Coruña, 2.231 da de Lugo, 1.715 da de Ourense, 2.894 da de Pontevedra, 4.590 da área de Vigo, 2.260 da de Santiago e 990 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 261 en unidades de hospitalización e 18.468 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 138.762 persoas curadas, rexistrándose 2.474 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.581.388. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.525.942.
      IÑAKI URDANGARIN
Cuñado del rey, Iñaki Urdangarín. A su Ducado de Palma su cuñado puso fin.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.807 deles 4.002 son da área da Coruña, 2.257 da de Lugo, 1.763 da de Ourense, 2.925 da de Pontevedra, 4.577 da área de Vigo, 2.302 da de Santiago e 981 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 285 en unidades de hospitalización e 18.479 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 137.899 persoas curadas, rexistrándose 2.464 falecementos.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura convértese en 2021 nunha das sedes das Residencias Charco, unha iniciativa de intercambio artístico que busca afondar na conexión cultural entre España e Latinoamérica. Do 1 de xullo ao 6 de outubro, dúas artistas mexicanas e outras dúas galegas conectan creativamente as dúas beiras do Atlántico no desenvolvemento de catro propostas artísticas entre Galicia e México. Esta experiencia intégrase no Programa de Residencias Artísticas do Gaiás (REGA), un viveiro cultural e creativo que pon os espazos, recursos e equipos técnicos da Cidade da Cultura ao servizo de proxectos vencellados á música, a escena, a danza e as artes performativas, a literatura e as artes visuais.
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, propuxo na Conferencia de Presidentes Autonómicos un decálogo de acordos para afrontar desde a unidade o reto sanitario, o reto económico e o reto demográfico. Así, no tocante á covid-19, Feijóo pediu ao Executivo central establecer mecanismos para proporcionar certezas diante dunha pandemia que aínda non vencemos e, se ben, valorou o reforzo de vacinas en agosto, cualificouno de insuficiente xa que non se acadan os niveis de subministro de xuño.
« Anterior | 5  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES