Noticias

Sanidade establece o nivel máximo de restricións en 9 concellos

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo. Por outra banda, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.622 deles 4.144 son da área da Coruña, 2.212 da de Lugo, 1.664 da de Ourense, 2.703 da de Pontevedra, 4.646 da área de Vigo, 2.216 da de Santiago e 1.037 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 257 en unidades de hospitalización e 18.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 139.948 persoas curadas, rexistrándose 2.479 falecementos.

O comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 7 de agosto.

R., 2021-08-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES