Archivo (8 del 2021)

Buscador

Noticias

A exposición 'Faraón. Rei de Exipto' pecha as súas portas este domingo 15 de agosto na Cidade da Cultura, onde continúa a congregar diariamente a centos de persoas visitantes para gozaren desta escolma de pezas procedentes das coleccións do British Museum, que poden verse no Gaiás froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación ”la Caixa” e o propio museo británico, no marco do Xacobeo 21-22. A exposición, que achega por vez primeira a Galicia esta escolma de 140 pezas de arte exipcia con máis de 3.000 anos de historia, explora o simbolismo e o ideario da monarquía do país do Nilo, á vez que tenta desvelar as historias que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que deixou esta antiga civilización.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.106 deles 4.579 son da área da Coruña, 1.758 da de Lugo, 1.176 da de Ourense, 1.907 da de Pontevedra, 3.967 da área de Vigo, 1.710 da de Santiago e 1.009 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 275 en unidades de hospitalización e 15.778 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 148.914 persoas curadas, rexistrándose 2.499 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.635.801. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.685.055.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que a incidencia da covid na nosa comunidade está en tendencia á baixa, posto que descende o ritmo de novos contaxios, mellora a incidencia acumulada e baixa a positividade nas probas diagnósticas. Ao respecto, fixo un chamamento a seguir cumprindo as normas, posto que xa vai quedando menos para conseguir a inmunización da poboación. A melloría dos datos, -dixo o conselleiro-, permite que só un concello estea en nivel máximo, e que Santiago e Ourense deixen o nivel alto e pasen ao medio.
O Executivo galego aprobou este ano 55 proxectos presentados polas confrarías de pescadores para modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque cun orzamento total de máis de 2,5 millóns de euros e que, con eles, a Xunta leva investidos desde 2016 máis de 10 millóns de euros en achegas para máis de 330 actuacións deste tipo. A Administración galega vai publicar esta mesma semana unha nova convocatoria de axudas para proxectos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda dos produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque que contará cun orzamento de 800.000 euros a repartir entre 2021 e 2022.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.471 deles 4.599 son da área da Coruña, 1.834 da de Lugo, 1.234 da de Ourense, 2.029 da de Pontevedra, 4.026 da área de Vigo, 1.753 da de Santiago e 996 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 291 en unidades de hospitalización e 16.126 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 147.832 persoas curadas, rexistrándose 2.494 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.629.587. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.649.477.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.195 deles 4.513 son da área da Coruña, 2.156 da de Lugo, 1.520 da de Ourense, 2.419 da de Pontevedra, 4.420 da área de Vigo, 2.112 da de Santiago e 1.055 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 255 en unidades de hospitalización e 17.887 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 142.500 persoas curadas, rexistrándose 2.483 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.603.485. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.612.037.
A Xunta de Galicia vén de actualizar o protocolo fronte á covid-19 das escolas infantís para adecuar as medidas implantadas o pasado curso ao coñecemento actual, aos avances na vacinación e á evidencia científica. Logo de recibir onte o aval do Comité Clínico, para o vindeiro curso revisaranse determinadas obrigas e flexibilizaranse algunhas restricións, mantendo sempre a seguridade. O bo facer dos profesionais e as medidas de prevención postas en marcha en todos as escolas infantís permitiron que no curso 2020-2021 o número de centros abertos superase en todo momento o 99%.
O programa inclúe máis de 30 concertos por toda a xeografía galega, outras actuacións enmarcadas en ata catro xiras (algunhas mesmo fóra da Comunidade) e a gravación de catro proxectos musicais. Así mesmo, están previstas unha decena de accións como encargas a compositores, proxectos dirixidos a promover a música clásica entre os máis novos ou a fomentar dentro destas entidades o uso de plataformas dixitais para a difusión das súas creacións. O obxectivo desta programación é reforzar a presenza da música clásica na celebración do Xacobeo, achegándoa ao gran público.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.643 deles 4.297 son da área da Coruña, 2.171 da de Lugo, 1.596 da de Ourense, 2.662 da de Pontevedra, 4.623 da área de Vigo, 2.214 da de Santiago e 1.080 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 52 están en UCI, 250 en unidades de hospitalización e 18.341 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 141.036 persoas curadas, rexistrándose 2.481 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.596.454. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.579.863.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a concesión das medallas Emilia Pardo Bazán, uns galardóns cos que o Executivo galego quere poñer en valor a aquelas persoas que traballan a prol dunha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria. As persoas recoñecidas neste 2021 son a fundadora e presidenta entre 2001 e ata o seu falecemento en 2009 da Asociación Alar de Galicia, María Jesús Díaz Sánchez; a produtora, escritora e directora de cine, Zaza Ceballos; e a Asociación Mirabal; todas elas recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán na terceira edición destes premios. O xurado fallou estes galardóns o pasado mes de xullo.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (206)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES