Archivo (8 del 2021)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.119 deles 3.840 son da área da Coruña, 1.287 da de Lugo, 740 da de Ourense, 1.211 da de Pontevedra, 2.985 da área de Vigo, 1.203 da de Santiago e 853 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 60 están en UCI, 264 en unidades de hospitalización e 11.795 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 158.011 persoas curadas, rexistrándose 2.529 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.682.414. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.830.812.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.730 deles 4.029 son da área da Coruña, 1.344 da de Lugo, 791 da de Ourense, 1.295 da de Pontevedra, 3.134 da área de Vigo, 1.259 da de Santiago e 878 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 259 en unidades de hospitalización e 12.408 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 156.792 persoas curadas, rexistrándose 2.524 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.676.147. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.802.448.
A exposición 'Faraón. Rei de Exipto', froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación 'la Caixa' e o British Museum no marco do Xacobeo 21-22, despediuse da Cidade da Cultura tras congregar 76.367 visitantes desde o pasado mes de marzo. Convértese así na mostra máis concorrida da historia do Museo Centro Gaiás, tanto en números absolutos como en media diaria –621 visitantes mensuais–. A estes datos, cómpre sumar tamén máis de 5.000 estudantes que participaron no programa de visitas didácticas a través de videoconferencia, unha iniciativa que achegou a exposición ás aulas de 121 centros de ensino.
A Fundación Artesanía de Galicia, organiza o próximo sábado 21 de agosto en Sober o evento Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, co obxectivo de impulsar a comercialización do feito a man e dar difusión aos oficios tradicionais. A iniciativa, na que participan 22 obradoiros da marca Artesanía de Galicia, estará aberta ao público nos pendellos do Santuario da Nosa Señora das Cadeiras. Así, no evento poderanse atopar pezas de olería, madeira, téxtil, xoguetes artesanais, xoiería, traxe tradicional e coiro. Cabe destacar a presenza de representantes de tres dos centros de olería tradicional que continúan activos en Galicia, como son Gundivós (Sober), Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) e Buño (Malpica de Bergantiños).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.076 deles 4.217 son da área da Coruña, 1.330 da de Lugo, 797 da de Ourense, 1.351 da de Pontevedra, 3.192 da área de Vigo, 1.290 da de Santiago e 899 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 263 en unidades de hospitalización e 12.750 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 155.855 persoas curadas, rexistrándose 2.518 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.670.626. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.782.045.
O gaiteiro Anxo Lorenzo, as cantareiras As Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun participan no cartel que terá como escenario os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo. Xunto e eles actuará tamén a dj galega Russihha e grupos emerxentes do panorama musical galego. Os concertos serán o 21 e o 27 de agosto e o 3 e o 10 de setembro, para grupos reducidos que van de 100 as 250 persoas dependendo das características do faro e do nivel de ocupación dese escenario natural, tendo en conta os protocolos de seguridade e as normas sanitarias. A proposta, ademais, persegue valores de respecto coa contorna, de igualdade e de diversidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.495 deles 4.331 son da área da Coruña, 1.361 da de Lugo, 832 da de Ourense, 1.417 da de Pontevedra, 3.294 da área de Vigo, 1.322 da de Santiago e 938 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 274 en unidades de hospitalización e 13.158 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 155.033 persoas curadas, rexistrándose 2.516 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.666.947.
Galicia continúa avanzando na vacinación contra á covid 19. Neste sentido, as vacinacións masivas do martes e do venres desta semana vanse realizar no grupo de idade comprendido entre os 29 e os 16 anos, cun total de 56.320 persoas que serán convocadas para recibir a primeira dose. Esta convocatoria realizarase polo método habitual, enviando un SMS ao móbil, non haberá autocita. O mércores e o xoves será o turno para a inoculación de segundas dose.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.546 deles 4.504 son da área da Coruña, 1.676 da de Lugo, 1.120 da de Ourense, 1.825 da de Pontevedra, 3.810 da área de Vigo, 1.614 da de Santiago e 997 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 266 en unidades de hospitalización e 15.229 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 150.236 persoas curadas, rexistrándose 2.504 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.642.811. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.720.760.
O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, pediu unha vez máis, no Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, transparencia para coñecer cal é o criterio que seguiu o Ministerio á hora de distribuír os 3,4 millóns de doses extra de Pfizer, xa que en ningún momento se explicou. 'Que se elabore un documento que coñezan todas as CCAA para poder planificar e desenvolver a vacinación do xeito mais eficiente. Galicia é unha Comunidade solidaria, aceptamos, como non pode ser doutro xeito, un axuste, pero é necesaria transparencia'.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES