Buscador
Noticias
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa, das decisións adoptadas polo comité clínico, na que se acordou o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Ordes e Monforte de Lemos. Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade remarcou que a situación epidemiolóxica de Galicia continúa rexistrando unha lixeira melloría, seguindo coa boa evolución das últimas semana.
O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron unha xuntanza por videoconferencia cos representantes da hostalería en Galicia para revisar a proposta realizada pola Administración o pasado venres, sobre o establecemento dun modelo que garanta o acceso seguro as locais, independentemente da situación epidemiolóxica que teña cada concello. A esta xuntanza tamén acudiron a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.038 deles 2.930 son da área da Coruña, 1.292 da de Lugo, 697 da de Ourense, 884 da de Pontevedra, 2.282 da área de Vigo, 1.202 da de Santiago e 751 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 58 están en UCI, 242 en unidades de hospitalización e 9.738 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 162.900 persoas curadas, rexistrándose 2.546 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.706.602. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.920.648.
Galicia segue a mellorar as súas cifras de afluencia turística e no mes de xullo os establecementos hoteleiros galegos recibiron 480.000 viaxeiros, o que supón case 20 puntos menos que a caída de visitantes no conxunto de España respecto a 2019. Así, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), se a baixada de turistas a nivel nacional o mes pasado foi de case o 30%, en Galicia contívose cun descenso 10,7% en comparación co mesmo mes de 2019. Ademais, a comunidade rexistrou un 80% máis de visitantes que en xullo do ano pasado que reforza a tendencia á recuperación do sector.
Ata o vindeiro xoves, os artistas emerxentes participantes no EAN11 poderán darlle visibilidade ao seu traballo no xa clásico Foro Aberto, onde realizarán unha presentación centrada no seu proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. Os participantes convivirán tamén con tres observadores ou art followers, tres nomes de recoñecida traxectoria que, desde o seu traballo no eido curatorial ou do xornalismo cultural apoian os novos creadores e seguen de preto as novas tendencias da arte emerxente. Neste caso, serán o xornalista e comisario Javier Díaz-Guardiola; o artista, comisario e conservador xefe da Fundación Granell, Eduardo Valiña, e a comisaria e directora artística das feiras JustMAD (Madrid) e JustLX (Lisboa), Semíramis González.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.411 deles 3.096 son da área da Coruña, 1.231 da de Lugo, 714 da de Ourense, 945 da de Pontevedra, 2.429 da área de Vigo, 1.211 da de Santiago e 785 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 268 en unidades de hospitalización e 10.080 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 162.131 persoas curadas, rexistrándose 2.540 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.703.229. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.885.792.
O líder de La Vuelta 21 recibirá unha Cunchiña ao final de cada etapa; é dicir, un boneco de peluche que representa á mascota virtual do Xacobeo 21-22. Deste xeito, o portador do maillot vermello colaborará na difusión do dobre Ano Santo no percorrido da competición desde este sábado 21 de agosto ata a chegada á meta na praza do Obradoiro o 5 de setembro. A mascota virtual do Xacobeo foi ideada inicialmente para o seu uso nas redes sociais, onde acadou unha grande difusión cos seus 32 stikers e con case un centenar de gifs para o seu uso a través de WhatsAp, Facebook, Instagram e Telegram.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.752 deles 3.648 son da área da Coruña, 1.282 da de Lugo, 735 da de Ourense, 1.128 da de Pontevedra, 2.935 da área de Vigo, 1.174 da de Santiago e 850 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 62 están en UCI, 268 en unidades de hospitalización e 11.422 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 159.081 persoas curadas, rexistrándose 2.532 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.688.532. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.863.120.
As entradas dos Concertos na fin do mundo xa se esgotaron practicamente nas 4 actuacións previstas ata mediados de setembro en 4 faros galegos emblemáticos no marco deste ciclo incluído na programación do Xacobeo e en colaboración con La Caixa. Para a primeira actuación que se celebrará mañá no faro Cabo Silleiro de Baiona xa se venderon tódalas entradas para desfrutar da música de As Tanxugueiras. O mesmo ocorre co previsto para o 27 de agosto no faro Punta da Barca de Muxía con Dulce Pontes como cabeza de cartel e o do 10 de setembro no Punta Atalaia de San Cibrao de Cervo onde actuará Mikel Erentxun.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou o comezo da vacinación, a partir do 23 de agosto, do grupo de idade con idades comprendidas entre os 14 e o 16 anos. Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade adiantou que esta mesma semana se comezarán a enviar as mensaxes de citación aos mozos e mozas galegas desta franxa de idade.