
Na rolda de prensa posterior á xuntanza do comité clínico, o responsable de Sanidade subliñou que a situación epidemiolóxica de Galicia é estable e con tendencia descendente, de acordo á baixa rexistrada nos datos de incidencia acumulada en todas as áreas sanitarias galegas. Con todo, convidou á poboación a non baixar a garda, nin confiarse pois o virus segue activo e contaxiando.
Axustes dos aforos nos locais de hostalaría e ocio nocturno
Respecto dos aforos nos establecementos de hostalería e ocio nocturno, o conselleiro de Sanidade precisou que trala decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia foi necesario realizar axustes, polo que o comité clínico decidíu establecer unhas normas transitorias para seguir protexendo á poboación.
Neste sentido, nos concellos en nivel máximo os establecementos hostaleiros continuarán pechados nos seu interior, cun límite de aforo do 50% do seu exterior; no caso dos concellos en nivel alto establécese o 30% de ocupación no interior e o 75% nas terrazas; no nivel medio fíxase o 50% no interior e o 100% no exterior e, finalmente, nos locais emprazados en concellos con nivel medio baixo de restricións, o aforo fixase no 75% no interior e o 100% nas súas terrazas.
En canto aos locais de ocio nocturno, nos niveis máximo e alto permanecerá pechado o seu interior, permitíndose un aforo do 75% no exterior. Así mesmo, no nivel medio poderase ocupar o 50% da capacidad edos locais no seu interior e o 75% nas terrazas. Por último, no nivel medio baixo, o interior dos establecementos quedará límitado ao 50%, permitíndose o 100% nos seu exterior.
García Comesaña salientou que é preciso continuar a cumprir a medidas hixiénico sanitarias establecidas -uso da mascarilla e distancia de seguridade-, co ánimo de garantir unha hostalería segura. Ademais, lembrou que os grupo de persoas no interior limítase a un máximo de 6, e a un total de 10 persoas no seu exterior.
Sobre o proceso de vacinación, detallou que a Xunta de Galicia leva administradas xa un total de 3.802.444 dosis, coas que 1.859.569 de galegos e galegas xa contan coa pauta completa e, 259.341 persoas xa teñen a primeira dose.
Neste sentido, apuntou que na presentes emana a Xunta de Galicia continúa a vacinar con primeiras dosis a persoas menores de 20 anos, así como a realizar repescas entre a poboación maior de 40. Sobre este último grupo, salientou que as persoas que así o desexen poderán solicitar a súa cita de vacinación a través do teléfono 981 215 930. Ademais, avanzou que tamén levará a cabo a vacinación de embarazadas e persoas en situación de risco de exclusión social.
No que atinxe aos datos epidemiolóxicos, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, indicou que a incidencia acumulada na comunidade galega continúa cunha evolución favorable, situándose nestes intres en 166 e 426 casos, a sete e a catorce días, respectivamente. Sobre este particular, a responsable sanitaria destacou as súas importantes baixadas, do 34% e do 24%, respecto dos datos da semana pasada.
En canto ao numero reprodutivo instantáneo, na actualidade todas as áreas sanitarias galegas están por debaixo de 1 e, a taxa de positividade actual, fica situada arredor do 9.5%.
Pola súa banda, o xerente do Sergas, José Flores, repasou a situación asistencial dos centros sanitarios galegos, apuntando que se continúa a manter a tendencia de baixada en todos os niveis asistenciais.
Niveis de restricións por concellos
Durante a xuntaza que mantivo esta mañá o comité clínico, e tras avaliar a situación epidemiolóxica do conxunto de concellos galegos, o grupo de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia, acordou o nivel alto de restricións nos municipios de Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, A Coruña, Arteixo, Betanzos, Cee, Miño, Sada, Camariñas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Pontedeume, Cabanas, Ares, Rábade, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Grove, Meis, Bueu, Pontecaldelas, Redondela, Tui, Vigo, Arbo, As Neves, Nigrán, Tomiño, O Rosal, Ponteareas e A Cañiza.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Zas, Coirós, Corcubión, Carballo, Carral, Cerceda, Abegondo, Coristanco, Curtis, Ponteceso, Oza-Cesuras, A Laracha, Cambre, Culleredo, Oleiros, Cariño, Fene, Narón, Neda, Ferrol, Ames, Ribeira, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela, Boiro, Silleda, Touro, Santa Comba, Trazo, Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Barreiros, Ribadeo, Viveiro, Avión, Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Coles, Verín, A Lama, Portas, Cambados, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Gondomar, Salvaterra do Miño, Cangas, Moaña, Mos, Salceda de Caselas, Mondariz, Pazos de Borbén, Baiona, O Porriño e A Guarda.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor a partir das 00:00 horas do sábado 21 de agosto.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.