
En total está previsto que 114.791 persoas sexan vacinadas en catro días, que se distribuirán do seguinte xeito:
Martes día 17. Rango 29 a 16 anos e repescas. Distribución de áreas sanitarias: 5.744 persoas na da Coruña e Cee; 2.699 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 2.688 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 3.656 na de Pontevedra e O Salnés; 7.150 na de Vigo; 4.907 na de Santiago e Compostela e Barbanza; e 1.818 na de Ferrol.
Mércores día 18. Segundas doses. Distribución de áreas sanitarias: 3.452 persoas na da Coruña e Cee; 2.702 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 2.305 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 3.151 na de Pontevedra e O Salnés; 6.488 na de Vigo; 7.239 na de Santiago de Compostela e Barbanza; e 1.864 na de Ferrol.
Xoves día 19. Segundas doses. Distribución de áreas sanitarias: 5.411 persoas na da Coruña e Cee; 4.252 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 3.146 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 3.590 na de Pontevedra e O Salnés; 7.901 na de Vigo; 3.750 na de Santiago de Compostela e Barbanza; e 2.216 na de Ferrol.
Venres día 20. Rango 29 a 16 anos e repescas. Distribución de áreas sanitarias: 5.744 persoas na da Coruña e Cee; 2.699 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 2.688 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 3.656 na de Pontevedra e O Salnés; 7.150 na de Vigo; 4.907 na de Santiago de Compostela e Barbanza; e 1.818 na de Ferrol.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.