Noticias

Mellora a incidencia acumulada da covid en Galicia, ao tempo que baixa o ritmo de novos contaxios

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que a incidencia da covid na nosa comunidade está en tendencia á baixa, posto que descende o ritmo de novos contaxios, mellora a incidencia acumulada e baixa a positividade nas probas diagnósticas. Ao respecto, fixo un chamamento a seguir cumprindo as normas, posto que xa vai quedando menos para conseguir a inmunización da poboación. A melloría dos datos, -dixo o conselleiro-, permite que só un concello estea en nivel máximo, e que Santiago e Ourense deixen o nivel alto e pasen ao medio.

Así, tal e como sinalou García Comesaña, un total de 1.805.927 persoas teñen xa en Galicia a pauta completa, e incidiu en que a nosa comunidade administra máis do 99% das doses que recibe, e lamentouse de que Galicia non dispoña de máis vacinas. Xunto ao anteriormente destacado, dixo que o 94,4% da poboación galega maior de 40 anos conta coa pauta completa, a segunda comunidade neste apartado.

O conselleiro apelou a manter o esforzo para conter o virus, especialmente nestas datas de verán nas que hai moitas festas populares. Tamén recordou que as festas nas vivendas privadas están prohibidas.

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, destacou a situación de mellora apuntada polo conselleiro, como o reflicte o feito de que a incidencia acumulada a sete días descende un 13% e a 14 días un 14%. Tamén descende a taxa de positividade nun 7,5%. Remarcou, igualmente, o importante número de probas diagnósticas realizadas a semana pasada, máis de 78.000, o que supón 2.900 por cada 100.000 habitantes, cando a media de España é de 2.300.

Subliñou, Carmen Durán, en que, por grupos de idade, a incidencia tamén descende no colectivo de 12 a 29 anos, e remarcou a aposta do Goberno galego pola realización dos cribados. Ao respecto, 18.000 persoas foron as convocadas a semana pasada, asistindo un 62% delas e detectándose 223 positivos, sendo a porcentaxe de positividade menor que en semanas pasadas. Esta semana están convocadas a cribados, -dixo a directora xeral-, outras 10.000 persoas.

Respecto das variantes da covid, a directora xeral remarcou a circulación maioritaria da variante delta, cun 82%.

O xerente do Sergas, José Flores, detallou a situación asistencial da rede de centros sanitarios, sinalando que hai un aumento contido da presión, á espera de que se nota en vindeiras semanas o descenso da incidencia acumulada indicada pola directora xeral de Saúde Pública. A ocupación en uci dos pacientes covid é do 12%, e en hospitalización do 4,6%.

O membro do comité clínico, o doutor José Luis Muíño, remarcou que se observa que os novos contaxios danse nas persoas máis novas, que non están exentas de que ingresen nos hospitais ou que teñan covid persistente. En consecuencia, a mocidade debe evitar tantos contactos sociais e, en caso de facelos, deben realizalos coas medidas preventivas por todos coñecidas, -remarcou-.
Situación dos concellos

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar manter o nivel máximo de restricións no concello do Grove.

Así mesmo, tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Cee, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carballo, Culleredo, Oleiros, Sada, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ferrol, Muros, Ames, Ribeira, Viveiro, Burela, Foz, Chantada, Lugo, Ribadeo, Xove, Outeiro de Rei, O Barco de Valdeorras, Verín, Sanxenxo, Meaño, Bueu, Cambados, Marín, Meis, Poio, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Baiona, A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra de Miño , Tui, Vigo, Arbo, As Neves e Tomiño.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Corcubión, Paderne, Ponteceso, Coristanco, Muxía, Oza-Cesuras, Vimianzo, Abegondo, Cabana, Coirós, Bergondo, Curtis, Camariñas, Carral, Cerceda, Cariño, Narón, Neda, Ares, Ortigueira, As Pontes, Cedeira, Fene, Touro, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Melide, Padrón, Santiago de Compostela, Teo, Valga, Carnota, Oroso, Rianxo, Silleda, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Cervo, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Sarria, Vilalba, Riós, Avión, A Rúa, Monterrei, Xinzo de Limia, O Carballiño, Ourense, Celanova, Coles, Allariz, A Illa de Arousa, A Lama, Cuntis, Barro, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Catoira, Mondariz, Pazos de Borbén, Moaña, Mos, O Rosal, Cangas, Ponteareas e Salceda de Caselas.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 14 de agosto.

R., 2021-08-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (fiv-vilalba-2026.jpg) O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Foto de la tercera plana (saude-medico.jpg) Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.

Notas

A Primavera Cultural da USC continúa agromando con múltiples propostas. Así, no Campus de Lugo, a danza, o teatro e a creación audiovisual protagonizan as citas máis inmediatas. Entre os días 19 e 23 de abril, regresa o Festival de Teatro Universidade a Lugo, na que será a súa trixésimo segunda edición. O certame de curtametraxes Findecurta mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o 21 de abril. O día 24 realizarase a tradicional sesión informativa na Casa do Saber na que se lles explicará ás persoas participantes o reto desta edición do certame.
A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES