
En todo caso, as temperaturas acadaron medias normais en puntos de Ourense, Lugo e o norte da Coruña, mentres que as zonas afectadas polo suroeste e o paso das borrascas, Pontevedra e sur da Coruña, foron as que estiveron por debaixo do agardado.
Así mesmo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, indicou que a radiación solar estivo moi por baixo da rexistrada o ano pasado, cando se superou por moito a media, o que aumentou a sensación de mal tempo en Galicia o pasado mes.
O período máis cálido do mes rexistrouse ao longo de tres xornadas 15, 16 e 17 de xullo, con noites tropicais en puntos do litoral e temperaturas que foron ascendendo ata tocar os 40ºC en puntos illados do interior.
Por outra banda, cómpre salientar que, en xeral, un mes seco, debido a que as frontes que chegaron non foron moi activas, acadando valores normais unicamente en puntos de Pontevedra e do sur da Coruña. De feito, as precipitacións estiveron un 51% por debaixo do valor climático normal.
Así, a choiva media acumulada foi de 23.6 L/m2, sendo as medias máis elevadas no oeste de Galicia con valores próximos aos 120 L/m2 na comarca do Xallas, no Barbanza e no concello de Cuntis; mentres que os valores máis baixos déronse en gran parte da provincia de Ourense, con localidades nas que non se rexistrou precipitación.
Ademais, Ángeles Vázquez avanzou que o mes de agosto empeza como remata o mes de xullo, con inestabilidade e escasa visibilidade, polo que haberá que esperar ata a vindeira semana para verificar se se rexistra unha melloría. En todo caso, indicou que na Comunidade a calidade do aire é boa, con zonas para coñecer e polas que pasear, polo que animou a desfrutar do verde de Galicia.
Por último, a conselleira quixo poñer en valor o traballo dos profesionais de MeteoGalicia, un departamento de referencia da Xunta que opera os 365 do ano ao servizo de todos os galegos, cunha páxina web na que se pode consultar o estado das praias ou a radiación solar, e tamén das administracións, grazas ao sistema operativo contra as vagas de calor e para o servizo de extinción de lumes.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.