Archivo (3 del 2020)

Buscador

Noticias

O ano pasado 90 persoas morreron en accidentes de tráfico nas estradas galegas. Trátase dunha cifra inferior en case un 14% á rexistrada no anterior exercicio, evidencia incuestionable dunha tendencia moi positiva na loita social contra este problema colectivo. Pero cada unha desas vidas perdidas supón un drama para unha familia e unha chamada de atención sobre a necesidade de seguir traballando en todas as frontes ata reducir a cero os números este rexistro negro. Sumar para restar, é o atinado lema dos activistas da seguridade viaria. Consolidar o balance anual de falecidos nas estradas por debaixo da barreira das 100 vítimas é un logro froito do esforzo realizado por toda a sociedade nos últimos anos contra esta lacra.
O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) aprobou, tras unha xuntanza presidida polo responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, un acordo no que se concretan e amplían as medidas de prevención para conter o contaxio do coronavirus, que entrarán en vigor hoxe luns. Deste xeito, blíndanse os servizos básicos ás persoas sen fogar no actual contexto de emerxencia sanitaria. A tal efecto, a Xunta velará pola apertura de todos os albergues sociais para que as persoas sen fogar poidan dispor dun servizo de pernoita, extremando as precaucións na liña das recomendacións das autoridades sanitarias.
O Colexio Oficial de Traballo Social puxo en marcha en maio do ano pasado a quenda de garda social, especializada e permanente, para atender a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores. Este servizo, implantado ao abeiro do desenvolvemento en Galicia das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, permite que as vítimas reciban por parte dun profesional de apoio e dende o momento da presentación da denuncia, unha atención integral e información sobre os dereitos, axudas e recursos á súa disposición. O servizo de garda pode ser activado polas forzas e corpos de seguridade de Galicia, ou ben polos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero.
A comunidade galega reciclou en 2019 un total de 51.967 toneladas de vidro, polo que Galicia supera por primeira vez en 2019 a recollida de 50.000 toneladas de vidro a través do contedor verde. Grazas a depositar unha media de 66 envases por persoa, a media galega sitúase no 19,3 kg/hab, superando a media do conxunto do Estado. Comparando as cifras actuais coas de fai catro anos, en Galicia se recicla un 33% máis que hai cinco anos (39.119 Tn en 2014) e 7,6% respecto das cifras de 2018 (48.308 Tn). En canto á recollida por provincias, A Coruña foi na que máis se reciclou, cunha media de 19,1 kg/hab e un incremento de case 1.300 Tn respecto de 2018; seguida de Pontevedra (17,7 kg/hab ). As provincias de Ourense e Lugo acadaron unha taxa de reciclaxe de 16,8 kg/hab e 16,2 kg/hab, respectivamente.
A posta en valor das terras abandonadas aptas para cultivos ou prados suporía para a economía galega a creación de máis de 15.000 empregos (entre directos e inducidos) baseados en actividade agrícola, gandeira e forestal. A futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria ofrece diversas ferramentas de mobilización neste sentido, entre as que destacan os polígonos agroforestais, as aldeas modelo, as agrupacións de xestión forestal conxunta e as permutas de especial interese agrario. Todas elas teñen carácter voluntario e beneficiarán tanto aos propietarios como aos agricultores, gandeiros e silvicultores, ademais de aos novos emprendedores e investidores.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia. Deste xeito, no eido educativo, anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-. “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”, explicou.
Marián Bañobre dirixe 'O premio' a partir dun texto de Santiago Cortegoso, que levan a escena Victoria Teijeiro, Xurxo Cortázar e Raquel Espada, quen é candidata a mellor actriz secundaria nos Premios de Teatro María Casares por Neorretranca e posmorriña, a última produción do Centro Dramático Galego. Ideada como creación colectiva, O premio é unha comedia aceda ambientada nun futuro próximo, no que o progreso tecnolóxico e a presión por lograr o éxito laboral, sentimental e social levan os cidadáns a un estado de desánimo e frustración, agravado por unha gran crise económica por mor do envellecemento da cidadanía. Para enfrontar esta situación, os dirixentes poñen en marcha unha insólita e popular medida: crear un reallity en directo.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Madrid na mesa de traballo para impulsar unha transición enerxética xusta nas Pontes onde reclamou a reactivación inmediata da central térmica e que o Goberno se sume á unidade de acción de Galicia. Conde lamentou que a situación, tras a reunión, sexa igual á de hai cinco meses ao non achegar nin o Goberno nin a empresa ningunha proposta ou alternativa. Pediu que o Executivo do Estado se sume á postura que comparten traballadores, Concello das Pontes e Deputación da Coruña para adoptar canto antes as medidas necesarias que permitan a Endesa reactivar a planta mentres non se atopan biocombustibles alternativos.
O espazo A Molinera acolleu hoxe a primeira reunión para perfilar as liñas económicas e os aspectos de organización e coordinación para a posta en marcha do Centro de Intelixencia Artificial de Ourense. No encontro participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o director xeral do Igape, Juan Manuel Cividanes; o director da UNED en Ourense, Jesús Manuel García; o vicerreitor adxunto de Investigación e Transferencia da UNED, Julio González; o interventor do Concello de Ourense, Gonzalo Alonso, e o profesor da Universidade de Vigo David Olivieri.
Coincidindo co 325º aniversario do ilustre berciano Frei Martín Sarmiento, o Bierzo celebra o seu Día da Lingua Galega nas localidades leonesas de Vilafranca, Cacabelos e Corullón. Os actos estiveron organizados pola Comisión Cultural Martín Sarmiento. A xornada festiva iniciouse no Teatro Villafranquino Enrique Gil Carrasco cunha homenaxe ao poeta berciano Ramón González-Alegre co gallo do centenario do seu nacemento, homenaxe que se prolongou cunha visita á casa natal do poeta e mais unha ofrenda floral ante o monumento ao escritor. A segunda metade da mañá estivo ocupada pola actividade de dinamización lingüística Enredando con Pakolas, a cargo de Paco Cerdeira. A celebración desprazouse pola tarde ao salón de actos do Marca, en Cacabelos, onde se presentou a III edición dos Premios Morales para a promoción da lingua.
« Anterior | 6  de  8 | Siguiente »

Archivo

2025 (248)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES