Noticias

A I Xornada Galega de Traballo Social e Feminismos destaca o papel dos profesionais de Traballo Social a prol da Igualdade e na atención a vítimas de violencia de xénero

O Colexio Oficial de Traballo Social puxo en marcha en maio do ano pasado a quenda de garda social, especializada e permanente, para atender a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores. Este servizo, implantado ao abeiro do desenvolvemento en Galicia das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, permite que as vítimas reciban por parte dun profesional de apoio e dende o momento da presentación da denuncia, unha atención integral e información sobre os dereitos, axudas e recursos á súa disposición. O servizo de garda pode ser activado polas forzas e corpos de seguridade de Galicia, ou ben polos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero.

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, destacou hoxe o importante papel dos traballadores sociais para loitar pola igualdade e a xustiza social, así como na atención ás vítimas de violencia de xénero.

Na súa participación hoxe na inauguración da “I Xornada Galega de Traballo Social e Feminismos”, destacou a importancia deste evento para compartir entre os profesionais deste sector habilidades de prevención e intervención desde unha perspectiva feminista.

A Xunta puxo en marcha en maio do ano pasado, a través dun convenio co Colexio Oficial de Traballo Social, a quenda de garda social, especializada e permanente, para atender a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores.

Este servizo, implantado ao abeiro do desenvolvemento en Galicia das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, permite que as vítimas reciban por parte dun profesional de apoio e dende o momento da presentación da denuncia, unha atención integral e información sobre os dereitos, axudas e recursos á súa disposición.

O servizo de garda pode ser activado polas forzas e corpos de seguridade de Galicia, ou ben polos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero. O procedemento comeza cunha chamada ao Teléfono de Información ás Mulleres (900 400 273), que se porá en contacto co profesional de garda para garantir a súa presenza inmediata.

A quenda de garda social súmase así á quenda de garda psicolóxica que se puxo en marcha por vez primeira a finais de 2018 a través dun convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. De feito, a intervención do traballador ou traballadora social actívase unha vez iniciada ou finalizada a actuación dos profesionais de psicoloxía.

Referentes e visibilidade

Na súa intervención, Prieto destacou tamén “dous conceptos fundamentais para avanzar na igualdade: os referentes e a visibilización”. Neste sentido, puxo en valor a figuras como Concepción Arenal, que inspirou a moitas mulleres e axudoulles a reivindicar o seu espazo.

Precisamente, a existencia de referentes favorece tamén “a visibilización da muller en pé de igualade cos homes” e isto, á súa vez, “leva á normalidade” en todos os ámbitos da sociedade.

Por último, Prieto puxo tamén en valor a importancia da educación para poder construír unha sociedade máis igualitaria e xusta.

R., 2020-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-mare-2026.jpg) O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición en Santiago de Compostela, cunha programación que volve situar a cidade como punto de encontro de culturas, linguas e diferentes expresións musicais. A cita reunirá artistas de máis de 16 países e con representación de 12 linguas. A programación desta sétima edición estará formada por máis de 30 espectáculos, catro producións propias, oito propostas inéditas en Galicia e unha estrea absoluta. Entre os principais nomes do cartel atópanse Aterciopelados, Bia Ferreira, Omar Souleyman, Haydée Milanés & Javier Colina, Ala.ni, António Zambujo, Magalí Sare & Vox Stellae e Marcos Coll.
Foto de la tercera plana (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.

Notas

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) recoñece coas Medallas de Investigación a cinco científicos e científicas galegos das universidades de Santiago e Vigo. Esta distinción valora as traxectorias singulares e consolidadas en investigación desenvoltas na nosa comunidade, ademais de fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas. A entrega dos galardóns terá lugar durante o acto do Día da Ciencia en Galicia, que se celebrará o vindeiro 8 de outubro en Santiago.
O VIII Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade, convocado pola Deputación da Coruña, vén de recoñecer sete iniciativas que destacan pola súa contribución á igualdade de xénero, á loita contra a violencia machista e á defensa da diversidade sexual. O certame terá unha contía final de 82.787 euros, a repartir entre as sete propostas. A deputada de Igualdade, Sol Agra, presidiu o xurado, que tivo como secretaria a Eva Ovenza, xefa da sección de Igualdade e Dereitos Civís, e como vogais a Adrián Manuel Gonçalves Barbosa, Lucía Canoura Sánchez e Jose Alberto Rodriguez Bello.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES