Archivo (1 del 2020)

Buscador

Noticias

O Servizo Galego de Saúde acadou no pasado ano 2019 unha cifra récord de 136 doazóns de órganos e mantivo en 354 a cifra de transplantes de órganos nos seus hospitais, os datos máis elevados desde que se iniciou a actividade transplantatoria en Galicia. Así mesmo, resulta especialmente salientable o feito de que a taxa de negativas familiares á doazón situouse nun 13,4%, un mínimo histórico e que pon de manifesto o carácter solidario da cidadanía galega. Do total de transplantes, 176 foron de ril; dos cales 36 procedían de doante vivo, 115 de fígado, 2 de páncreas, 20 de corazón e 41 de pulmón.
Tanto familias, como profesorado, alumnado e o persoal non docente que traballa nos centros escolares de Galicia coinciden en sinalar que, en xeral, existe un bo clima de convivencia nas aulas e tamén en que se constatan melloras nos últimos anos. Así se desprende dos datos da segunda edición da Enquisa sobre Convivencia Escolar realizada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e cuxos resultados foron avanzados hoxe na reunión do Consello Galego da Convivencia que presidiu a conselleira Carmen Pomar. Pomar explicou que a enquisa é unha ferramenta importante para testar a convivencia escolar, ver a evolución no tempo e a partir de aí poder implementar medidas axeitadas para a eliminación de todo tipo de condutas contrarias á convivencia.
O proxecto ‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo’, promovido polo grupo de innovación docente homónimo da USC, comeza este venres 10 a súa andaina coa sesión inaugural da ‘VI Xornada para profesorado’, que suporá que ducias de docentes de ensino medio de toda Galicia recibirán no Campus de Lugo formación específica sobre proxectos de experimentación e innovación científica que despois trasladarán ás aulas dos seus institutos e colexios para espertar vocacións científicas entre a mocidade. O proxecto XuvenCiencia incide nalgunhas das destrezas de levar a aprendizaxe científica e tecnolóxica da aula aos casos prácticos do día a día que máis se teñen en conta en avaliacións de calidade internacional como o informe PISA da OCDE.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) reinicia a súa actividade coa posta en marcha da súa primeira carteleira semestral de 2020, que ata o mes de xuño lle ofrecerá ao público galego 328 actuacións escénicas e musicais en 45 escenarios de 40 localidades. A primeira delas será a que protagonizarán a coreógrafa e bailarina Janet Novás e a música Mercedes Peón o venres en Lugo co espectáculo de danza Merecedes máis eu, inserido á súa vez no ciclo Lugo en Danza. Con máis de vinte anos de traxectoria ininterrompida, a Rede Galega de Teatros e Auditorios é un dos principais circuítos para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional.
A Xunta de Galicia activará nas próximas semanas dez programas que, cun total de preto de 67 millóns de euros, impulsarán a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego. Entre os programas que se poñen en marcha por primeira vez, destaca o proxecto Maquinaria 4.0 que, cunha dotación de 2 millóns de euros, buscará xerar provedores fortes no eido da fabricación de maquinaria e outros bens de equipo que poidan servir ao tecido empresarial galego; e os apoios para o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada, que contarán cunha dotación de 16 millóns de euros ata 2022.
O Tribunal Supremo dá a razón ao Goberno galego e anula a sentenza emitida o pasado mes de outubro, na que invalidaba un dos aspectos da norma galega para este tipo de aloxamentos. O Executivo autonómico presentou en novembro un incidente de nulidade logo de entender que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva, dado que a sentenza pretendía anular un artigo do decreto 12/2017 que xa estaba contido previamente na lei 7/2011. Agora o Alto Tribunal atende as reclamacións formuladas desde Galicia e anula o fallo emitido. Ao mesmo tempo, desestima as alegacións presentadas por parte da Avogacía do Estado.
A organización do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso adiantou hoxe o cartel da súa décimo terceira edición, que terá lugar do 6 ao 15 de marzo. O festival, dedicado á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos singulares, esténdese por vez primeira fóra da provincia de Ourense, para ofrecer na Ribeira Sacra lucense dous dos cinco concertos programados este ano. O concerto inaugural correrá a cargo da Escolanía de Segovia o 6 de marzo no Templo da Vera Cruz do Carballiño. O festival inclúe, así mesmo, as actuacións do arpista británico Andrew Lawrence King, do violinista galego José Manuel Álvarez ou do Kosmos Emsemble do Reino Unido.
O Instituto Nacional de Estadística (INE) vén de publicar hoxe as cifras de movementos migratorios, tanto as definitivas de 2018 como as provisionais do primeiro semestre de 2019. Neste marco, cómpre salientar que Galicia, segundo os datos oficiais, incrementou o saldo migratorio co estranxeiro nun 37% neste período con respecto aos primeiros seis meses do 2018. Así, se no semestre inicial dese 2018 a comunidade sumou 5.126 habitantes máis dos que saíron, no período equivalente do ano pasado a diferencia positiva ascendeu ata os 7.026. Deles, 902 teñen nacionalidade española, o que se traduce nun aumento do 12% en relación aos 6 meses iniciais de 2018.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.889, deles 1.557 son da área da Coruña, 626 da de Lugo, 818 da de Ourense, 717 da de Pontevedra, 1.222 da área de Vigo, 1.517 da de Santiago, e 432 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 350 en unidades de hospitalización e 6.476 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 58.766 persoas curadas, rexistrándose 1.436 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.159.616.
Galicia iniciará neste 2020 a universalización da educación infantil, que permitirá que a partir do 1 de abril as escolas infantís de 0 a 3 anos sexan gratuítas para todas as familias galegas para os segundos fillos e sucesivos. A gratuidade para os segundos fillos e sucesivos implantarase tanto nas 173 escolas públicas da Xunta como nas 260 escolas infantís privadas e de iniciativa social, tanto nas que xa están concertadas a día de hoxe como nas que non o están. Esta iniciativa, pioneira e sen precedentes en toda España, beneficiará ás familias duns 12.500 nenos. Ademais, a partir do próximo curso o Goberno galego tamén achegará fondos para facilitar que as escolas infantís municipais poidan introducir a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos.
« Anterior | 5  de  7 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES