Noticias

Galicia rexistra un total de 6.889 casos activos por coronavirus, 189 máis ca onte

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.889, deles 1.557 son da área da Coruña, 626 da de Lugo, 818 da de Ourense, 717 da de Pontevedra, 1.222 da área de Vigo, 1.517 da de Santiago, e 432 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 350 en unidades de hospitalización e 6.476 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 58.766 persoas curadas, rexistrándose 1.436 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.159.616.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

R., 2020-01-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260601-cgac.jpg) A Filmoteca de Galicia abre mañá a programación de xuño cunha serie de filmes sobre eclipses agrupados baixo o título O obturador cósmico, no marco da xornada inaugural da (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, e pechará o mes o día 30 cunha cita especial arredor do filme Onte á noite conquistei Tebas, de Gabriel Azorín, última proxección da temporada 2025-2026 na sala José Sellier. A carteleira mensual da cinemateca da Xunta inclúe o remate da primeira edición do ciclo Territorios mutantes coa dobre sesión Imaxinarios queer, ademais doutros títulos recentes que abordan esta temática desde perspectivas diversas. Completan o calendario unha proposta destacada en Fóra de serie co pase de Kill Bill: The Whole Bloody Affair en 35 mm e con subtítulos en galego e dúas sesións de Off Galicia con presentación e entrada de balde.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-ia.jpg) A Xunta lidera un consorcio hispano-portugués que busca posicionar a península ibérica en referente na creación e aplicación de tecnoloxías cuánticas e da intelixencia artificial. O proxecto europeo Quantum Iberia, que agrupa 17 entidades de España, en concreto de Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía, e de Portugal, pretende potenciar as capacidades de investigación e innovación, incentivando o uso compartido de recursos dos territorios participantes. O proxecto europeo Quantum Iberia, unha iniciativa de coperación transfronteiriza dotada con preto de 8,9 millóns de euros, presentouse na Axencia Galega de Innovación

Notas

O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC acolle ata o 5 de xuño o DynaFit School 2026, un simposio-obradoiro internacional centrado na análise avanzada de datos experimentais en química, bioloxía e biomedicina. A actividade está organizada pola investigadora Oportunius do grupo QUIMBIO do CICA, Elena Pazos, xunto a Eugenio Vázquez, investigador do CiQUS – Center for Research in Biological Chemistry and Molecular Materials da USC, e Víctor Quesada, investigador da Universidade de Oviedo.
O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia da Xunta de Galicia decidiu outorgar o premio María Josefa Wonenburger Planells 2026 á doutora en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, Yolanda Prezado. Este galardón, que lle foi comunicado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, pretende recoñecer o seu labor de investigación no eido da radioterapia e a decisión foi acadada por consenso e unanimidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES