Archivo (5 del 2019)

Buscador

Noticias

A demanda turística medrou en Galicia por riba da media española nos catro primeiros meses ao crecer un 5%, mentres que no resto de España a evolución non chegou ao 1%. Neste tempo chegaron á Comunidade galega máis de 1 millón de viaxeiros que realizaron máis de 2 millóns de noites nos establecementos de aloxamento regrado, o que se traduce na xeración de algo máis de 31.000 viaxeiros que hai un ano e preto de 94.000 noites máis que nas mesmas datas de 2018. Medra tanto o turismo nacional como o estranxeiro, destacando de xeito especial este último que logra superar nun 11% a cifra de viaxeiros aloxados e case nun 13% o volume de noites.
Asinouse hoxe o convenio que pon en marcha a quenda de garda social, especializada e permanente, para atender a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores. O acordo está dotado cun investimento de algo máis de 253.000 euros. Esta quenda de garda social permitirá ás vítimas ter acceso a unha atención personalizada e profesional desde o momento da presentación da denuncia, cando poderán dispoñer dun profesional de apoio que lles prestará información sobre axudas e recursos e un apoio integral. O servizo de garda poderá ser activado polas forzas e corpos de seguridade de Galicia, ou ben polos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero.
Euphoria preséntase a unha semana da clausura da exposición Vestiges d´un ici, vestixios de si, de Loreto Martínez Troncoso. O compositor e director musical de Vertixe Sonora, Ramón Souto, aceptou o convite de Martínez Troncoso para crear unha obra a partir “daquela materia informe que nun momento dado emerxe, xa sexa como un balbucido, un tremor, un xemido, un golpe, un berro, un latexo, un paso ou un suspiro”. En Euphoria, que recupera a súa orixe etimolóxica en grego antigo “forza para soportar”, recréanse, coa colaboración especial de Ignacio Barcia e a asistencia do Obradoiro Artesán en Madeira de Severino García Seijo, diversos artellos sonoros experimentais que pulsan a palabra do edificio.
Os seis proxectos participantes da súa terceira edición foron Atlante Medical, CropDeal, Feedcoo, Fisioadvisor, MyOpen e Quiero un abuelo. Destes seis proxectos, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), concedeu unha axuda de 25.000 euros ao mellor proxecto da convocatoria polo seu carácter innovador, traballo en equipo, aproximación ao mercado e aproveitamento do programa na súa execución e posta en marcha. O proxecto elixido foi Atlante Medical, un proxecto orientado ao sector da medicina e baseado na obtención de modelos tridimensionais, que ten o obxectivo de proporcionar directamente ao profesional médico un produto final físico, extraído do modelo tridimensional do paciente, co que diagnosticar ou tratar, aumentando a precisión e reducindo os tempos de espera e de tratamento.
Presentouse hoxe en Vigo o encontro 'Industria 4.0: a cooperación entre persoas e máquinas', xornada que forma parte da iniciativa formativa 'Industria 4.0: chave para a mellora da competitividade de Galicia', posta en marcha polo Igape, en colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo Financeiro de Galicia, dentro do programa Capacita Directivos. Desde 2015, ao abeiro deste plan, téñense realizado 43 actividades formativas nas que participaron 7600 asistentes, aos que se sumarán os 1600 previstos nas accións que se están a realizar en 2019, co obxectivo de desenvolver novas competencias nas persoas e nas empresas.
Este proxecto está composto polo libro “Os nove anos de Fraguas en Lugo”, que recolle textos dos promotores desta iniciativa, e doutros amigos e antigos alumnos de Antonio Fraguas, sobre os nove anos que este pasou en Lugo, e da profunda pegada que deixou neles e na sociedade lucense; unha exposición itinerante, composta por doce paneis, nos que se resumen os contidos do libro, e que nos próximos meses percorrerá toda Galicia; e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos da publicación en papel. Neste acto, ao que asistiu tamén un grupo de alumnos do centro, foron presentadas todas estas accións, e tamén se fixo entrega ao centro do cadro realizado polo pintor Manuel Romero con motivo desta celebración.
Este mesmo ano xa se prevé a actuación en 12 sedes xudiciais; ás que se sumarán outras 12 o próximo ano e 12 máis en 2021.Cómpre recordar que aquelas sedes que non teñen espazo diferenciado contan con outro tipo de recursos para protexer a vítima e evitar a súa confrontación visual co agresor. Entre outras, destacan as de carácter organizativo que adoptan as autoridades xudiciais (como a citación a horas distintas), ou os protocolos e usos das Forzas e Corpos de Seguridade e dos propios funcionarios xudiciais para preservar a intimidade das vítimas. O Plan Senda 2020 prevé incrementar o número de salas de vistas con videoconferencia para que este sistema sexa un servizo básico para as declaracións das vítimas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse este mediodía co embaixador da República Popular da China en España, Lyu Fan, co obxectivo de seguir estreitando lazos de colaboración e avanzar na captación de novos investimentos para Galicia. Durante o encontro, no que estiveron tamén o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, Feijóo e Lyu Fan recordaron que, segundo os últimos datos de 2018, China consolídase como o principal destinatario asiático de produtos galegos, a onde xa exportan de forma regular máis de 140 empresas.
Tres novas redes europeas de investigación incrementarán a colaboración internacional en I+D do CiTIUS e CIQUS da USC e atraerán a mozos investigadores estranxeiros con prometedoras carreiras científicas, que se vincularán á Universidade compostelá para realizar as súas teses de doutoramento en ámbolos dous centros de investigación. Así llo trasladou xa a Comisión Europea (CE) aos responsables das únicas propostas na Universidade de Santiago que pasaron a fase de avaliación: os proxectos NL4XAI e MENELAOS_NT (CiTIUS), e o proxecto HEATNMOF (CiQUS). Ao éxito acadado polos dous centros de investigación na convocatoria engádese a confirmación de que unha das tres propostas recoñecidas inclúe tamén o liderado do consorcio.
Galicia pechou o primeiro trimestre de 2019 cun superávit contable do 0,03%, mentres que a media autonómica rexistrou un déficit do 0,1%, segundo recollen os últimos datos publicados polo Ministerio de Facenda. Galicia rexistrou no peche do mes de marzo un superávit contable de 21 millóns de euros, mentres que o déficit do conxunto das administracións autonómicas situouse en 1.234 millóns. Os datos do Ministerio de Facenda mostran que a nosa comunidade é unha das cinco que rematou o primeiro trimestre do ano con superávit contable. As outras administracións autonómicas que tamén rexistraron capacidade de financiamento son Asturias (0,3%) e A Rioxa (0,1%), xunto ás dúas comunidades forais: Navarra (0,61%) e País Vasco (0,45%).
« Anterior | 1  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES