Noticias

Ponse en marcha a quenda de garda permanente de traballadores sociais para atender a mulleres vítimas da violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores

Asinouse hoxe o convenio que pon en marcha a quenda de garda social, especializada e permanente, para atender a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores. O acordo está dotado cun investimento de algo máis de 253.000 euros. Esta quenda de garda social permitirá ás vítimas ter acceso a unha atención personalizada e profesional desde o momento da presentación da denuncia, cando poderán dispoñer dun profesional de apoio que lles prestará información sobre axudas e recursos e un apoio integral. O servizo de garda poderá ser activado polas forzas e corpos de seguridade de Galicia, ou ben polos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Míriam Rodríguez asinaron hoxe o convenio que pon en marcha a quenda de garda social, especializada e permanente, para atender a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores. O acordo está dotado cun investimento de algo máis de 253.000 euros.

Segundo indicou o vicepresidente da Xunta, esta quenda de garda social permitirá ás vítimas ter acceso a unha atención personalizada e profesional desde o momento da presentación da denuncia, cando poderán dispoñer dun profesional de apoio que lles prestará información sobre axudas e recursos e un apoio integral.

O servizo de garda poderá ser activado polas forzas e corpos de seguridade de Galicia, ou ben polos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero. O procedemento comezará cunha chamada ao Teléfono de Información ás Mulleres (900400273), que se porá en contacto co profesional de garda para garantir a súa presenza inmediata.

A efectos de secuenciar as intervencións e facelo de forma coordinada, a intervención do traballador pu traballadora social terá lugar unha vez iniciada ou finalizada a actuación do psicólogo ou psicóloga pertencente á quenda de garda psicolóxica. Ademais, o persoal que forme parte desta garda recibirán formación especializada na materia para prestar a mellor atención posible ás vítimas.

Este servizo súmase así á quenda de garda psicolóxica especializada e permanente, que se puxo en marcha por vez primeira a finais de 2018 a través dun convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través da que se garante a presenza dun profesional desde o primeiro momento para atender as necesidades psicolóxicas das mulleres e previr a posible vitimización secundaria, entre outros obxectivos.

R., 2019-05-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES