Noticias

O turismo en Galicia medra un 5% no primeiro cuadrimestre e acada os niveis máis elevados da década

A demanda turística medrou en Galicia por riba da media española nos catro primeiros meses ao crecer un 5%, mentres que no resto de España a evolución non chegou ao 1%. Neste tempo chegaron á Comunidade galega máis de 1 millón de viaxeiros que realizaron máis de 2 millóns de noites nos establecementos de aloxamento regrado, o que se traduce na xeración de algo máis de 31.000 viaxeiros que hai un ano e preto de 94.000 noites máis que nas mesmas datas de 2018. Medra tanto o turismo nacional como o estranxeiro, destacando de xeito especial este último que logra superar nun 11% a cifra de viaxeiros aloxados e case nun 13% o volume de noites.

O turismo en Galicia continúa a avanzar neste ano 2019 da man da calidade. Así o constatan os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que revelan que a demanda turística medrou por riba da media española nos catro primeiros meses ao crecer un 5%, mentres que no resto de España a evolución non chegou ao 1%.

Neste tempo chegaron á Comunidade galega máis de 1 millón de viaxeiros que realizaron máis de 2 millóns de noites nos establecementos de aloxamento regrado, o que se traduce na xeración de algo máis de 31.000 viaxeiros que hai un ano e preto de 94.000 noites máis que nas mesmas datas de 2018. Medra tanto o turismo nacional como o estranxeiro, destacando de xeito especial este último que logra superar nun 11% a cifra de viaxeiros aloxados e case nun 13% o volume de noites. O turismo estranxeiro acumula así cinco anos consecutivos de mellora nos primeiros meses do ano acadando este 2019 un máximo histórico con preto de 425.000 noites.

A positiva evolución turística rexistrouse en todas as tipoloxías de aloxamento regrado, desde hoteis e pensións ata apartamentos turísticos, cámpings e establecementos de turismo rural. Neste último caso, o incremento da demanda turística roldou o 7%. Constátase tamén a tendencia dos últimos anos na que os viaxeiros deciden permanecer cada vez máis tempo en Galicia. Así, a estadía media increméntase un 1,8%, acumulando así tres anos de mellora e rexistrando a cifra máis elevada dos últimos cinco anos.

Máis calidade e rendibilidade

Todas estas cifras permitiron, ademais, que o sector hoteleiro galego tamén rexistre un bo balance desde o punto de vista económico, xa que as tarifas hoteleiras medraron case dous puntos porcentuais e rexistráronse os niveis de rendibilidade –medidos polo RevPAR ou ingreso por habitación dispoñible– máis altos da década, cun incremento do 7%.

Esta salientable evolución do turismo en Galicia ten lugar nos primeiros meses do ano, unha época na que a Consellería de Cultura e Turismo, da man do sector, desenvolvendo diferentes iniciativas tanto de promoción como de creación de produto, con experiencias turísticas que están a captar a atención dos visitantes fóra da tempada estival e dando así resposta ao compromiso do Goberno galego pola desestacionalización.

R., 2019-05-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES