
Acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o representante da Xunta de Galicia afirmou que esta colaboración entre o Cesga e a Universidade de Pensilvania contribúe a mellorar as capacidades de investigación de ambas entidades, proporcionando información na área de descubrimento de fármacos que permitirá ao Cesga adestrar modelos de intelixencia artificial. Así mesmo enriquecerá a capacidade de cálculo e infraestruturas de datos, así como o coñecemento nas áreas de computación de altas prestacións, intelixencia artificial, bioinformática, biofísica computacional e sistemas moleculares. No marco desta colaboración, o Cesga achegará investigadores e técnicos nestes campos, mentres que a Universidade de Pensilvania proprocionaraos para o descubrimento de antibióticos mediante intelixencia artificial.
Román Rodríguez destacou a experiencia do Centro de Supercomputación de Galicia no servizo e colaboración con grupos de investigación e empresas no eido das ciencias da vida, máis concretamente en simulación numérica para caracterización e deseño de moléculas de interese, de dianas para fármacos, descubrimento e deseño de medicamentos, análise xenómica e proteómica, creación de repositorios de datos médicos e aplicación da intelixencia artificial a temas relacionados coa medicina personalizada.
Ademais, o Cesga está desenvolvendo actualmente un demostrador de espazo de datos focalizado na área OneHealth (saúde humana, animal, seguridade alimentaria e medioambiental) cunha actividade significativa arredor das resistencias microbianas.
O responsable da área de Ciencia do Goberno galego tamén quixo destacar as capacidades de Galicia en investigación biomédica e biotecnoloxía, un sector estratéxico no que se está a desenvolver unha Estratexia de consolidación do sector e cuxo investimento en I+D+i representa o 17% de todo o gasto en I+D+i de Galicia. Outra das áreas estratéxicas de Galicia son a supercomputación e as tecnoloxías cuánticas polas que Galicia está a apostar firmemente, como queda reflexado no Plan galego de investigación e innovación 2025-2027. Neste contexto, o Cesga desenvolve un papel crucial dando servizo a investigadores de referencia e ofrecendo unhas infraestruturas singulares na nosa contorna, engadiu Román Rodríguez.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.