Archivo (4 del 2019)

Buscador

Noticias

O encontro informático Technium R Encounter acollerá este ano no seu espazo extranet (aberto a todos os públicos) as dúas accións do programa educativo e tecnolóxico crea R para pequenos e maiores. Trátase de obradoiros de robótica para os peques e charlas didácticas para os maiores co alicerce das bondades que as novas tecnoloxías nos ofrecen se as usamos axeitadamente. Os talleres de robótica, dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, desenvolveranse de 11:00 h a 13:00 h na sede da lan party, en Expourense, coa finalidade de potenciar a creatividade nos cativos, espertar o seu espírito emprendedor e adestralos en habelencias coma o traballo en equipo ou a oratoria.
O Consello da Xunta aprobou o anteproxecto de Lei de reforzo de actuacións prioritarias que permitirá utilizar o 100% do superávit contable de 2018, 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Educación e Servizos Sociais públicos. Trátase dunha ferramenta alternativa, legal e que se pode aprobar sen necesidade de autorización do Goberno central, que servirá para que Galicia dispoña dunha capacidade de gasto adicional de 130 millóns de euros. Autorízase así un suplemento de crédito para adiantar actuacións prioritarias nos servizos públicos e reforzar a atención primaria no Sergas, empregando o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais para este ano.
Juan de Castro, director do Festival Primavera do Cine presentou a oitava edición do certame, que se celebrará do 30 de abril ao 5 de maio, aínda que as actividades previas deron comezo o pasado 22 de abril con Viva Cuba, unha retrospectiva do cinema cubano organizado con motivo do 60º Aniversario da Revolución e que se estenderá ata este xoves. Así, na presentación oficial do certame, Juan de Castro comenta que “esta semana aínda quedan dúas actividades polas que apostamos moito no festival, Cinema nos Barrios, o venres en Navia e o sábado no Casco Vello Alto e Cine Miúdo, un evento ao que acudirán 800 cativos a visualizar filmes de principios de século e con música en directo feita por Caspervek” e continúa dicindo que “a semana que ven xa dará comezo ao resto de actividades paralelas e a sección oficial”.
A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela, que realizará este ano varias exposicións dos seus fondos, conmemora o noventa aniversario do nacemento en Ourense do poeta, acontecido o 25 de abril de 1929, co libro de Claudio Rodríguez Fer titulado “Valente infinito (Libertad creativa y conexiones interculturales)”, última publicación de dita entidade, pois nada pode reprentar mellor ao autor homenaxeado que precisamente salientar a súa infinitude. A obra inclúe unha mostra da íntima e entrañable amizade de Valente con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, quen remata o volume co seu poema “Nostalxia de nós”, inspirado pola última vez que se viron.
O IGVS acaba de crear unha liña específica de axudas ao alugamento de vivendas para persoas que sufran violencia de xénero, fillos de vítimas mortais que sexan menores de 30 anos e dependentes economicamente, e vítimas de trata con fins de explotación sexual. A nova liña de subvencións está incluída dentro do Bono de Alugueiro Social, un programa que xa contemplaba ás vítimas de violencia de xénero como un dos colectivos aos que ía dirixido. Como novidade, créase unha liña específica e con financiamento propio destinada a axudar a este colectivo a acceder ao aluguer dunha vivenda e ademais amplíanse os supostos previstos con anterioridade.
Un sistema de acendido intelixente para coches que se bloquea se estás bébedo, unha cadea de comida rápida saudable, un invernadoiro de patacas para astronautas, un sistema ecolóxico de loita contra a avespa velutina, un casco con luces LED para evitar atropelos de ciclistas e bioplásticos de orixe orgánica son só algúns exemplos dos proxectos que participarán na Galiciencia 2019. A décimo cuarta edición da maior feira científica de Galicia rexistrou este ano un récord absoluto de proxectos candidatos a participar. Os 50 stands dispoñibles para os traballos de Secundaria e Bacharelato que competirán polo premio final foron disputados por 134 equipos. Ata este ano, o número máximo de propostas recibidas fora de 83.
O Instituto Nacional de Estatística fixo públicos os datos turísticos relativos ao mes de marzo que revelan que no primeiro trimestre o turismo internacional creceu preto dun 3% en relación ao mesmo período de 2018. Tamén se observa un comportamento positivo no relativo ao turismo interno, que tamén experimentou unha suba do mesmo nivel. As cifras deste primeiro trimestre están condicionadas por un factor externo, xa que no ano 2018 a Semana Santa celebrouse en marzo. Sen embargo, isto non afectou ao turismo interno e internacional. No que se refire ao primeiro trimestre do ano, os viaxeiros quedaron máis días en Galicia. A estadía media medrou máis dun 3% colocando o dato deste ano no máis elevado desde o 2014.
O último informe sobre ‘Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas’, publicado hoxe polo Ministerio de Facenda con datos referentes ao mes de febreiro, sitúa a Galicia como a comunidade autónoma con menor débeda comercial de España e a terceira comunidade que paga en menor tempo as súas facturas. Os datos oficiais da Administración do Estado mostran que o período medio de pago de Galicia mantívose case sete días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. Ademais, a media autonómica situouse en 35,3 días, 12,2 máis que a media rexistrada na Comunidade galega.
O Camiño de Santiago medrou un 61,34% durante esta Semana Santa con respecto á de 2018, que se celebrara a finais do mes de marzo. Entre o Venres de Dores e o Domingo de Resurrección recolleron a Compostela un total de 13.969 camiñantes, a maior parte chegaron a partir do Xoves Santo. En total, nesas catro xornadas, foron máis de 8.000 peregrinos, o que supuxo un 58,41% do total e rexistráronse picos de máis de 2.000 diarios en xornadas como o venres e o sábado. Durante toda a Semana Santa, a maior parte dos peregrinos procederon do estranxeiro. De feito, o 51,6% dos que recolleron a Compostela entre o venres 12 e o domingo 21 chegaron de fóra de España, destacando especialmente os portugueses, alemáns, irlandeses e estadounidenses.
A Sociedade de Filosofía Medieval desenvolve estes días o seu congreso internacional anual que, co lema 'De amicitia. Amizade na filosofía medieval e inicios da modernidade', nesta ocasión serve tamén de homenaxe ao profesor da USC finado o pasado ano César Raña Dafonte. Na inauguración do encontro participarán o decano do centro, Marcelino Agís Villaverde; o presidente de SOFIME, José Francisco Meirinhos; o director do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC, José Luis Falguera López; e o presidente do comité organizador, Martín González Fernandez. Os relatorios comezarán coa lectura por parte de Rocío Carolo do texto 'Filosofía e amizade no Medievo' da autoría de César Raña.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES