Noticias

O Coloquio internacional anual da Sociedade de Filosofía Medieval homenaxea estes días ao profesor César Raña

A Sociedade de Filosofía Medieval desenvolve estes días o seu congreso internacional anual que, co lema 'De amicitia. Amizade na filosofía medieval e inicios da modernidade', nesta ocasión serve tamén de homenaxe ao profesor da USC finado o pasado ano César Raña Dafonte. Na inauguración do encontro participarán o decano do centro, Marcelino Agís Villaverde; o presidente de SOFIME, José Francisco Meirinhos; o director do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC, José Luis Falguera López; e o presidente do comité organizador, Martín González Fernandez. Os relatorios comezarán coa lectura por parte de Rocío Carolo do texto 'Filosofía e amizade no Medievo' da autoría de César Raña.

A Sociedade de Filosofía Medieval (SOFIME) desenvolve este luns 22 e o martes na USC o seu congreso internacional anual que, co lema ‘ De amicitia. Amizade na filosofía medieval e inicios da modernidade’, nesta ocasión serve tamén de homenaxe ao profesor da USC finado o pasado ano César Raña Dafonte.

Na inauguración do encontro, este luns ás 15.30 horas do salón de actos da Facultade de Filosofía, participarán o decano do centro, Marcelino Agís Villaverde; o presidente de SOFIME, José Francisco Meirinhos; o director do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC, José Luis Falguera López; e o presidente do comité organizador, Martín González Fernandez.

Os relatorios comezarán coa lectura por parte de Rocío Carolo do texto ‘ Filosofía e amizade no Medievo’ da autoría de César Raña. Seguidamente intervirán José Luis Fuertes Herreros, da Universidade de Salamanca, con ‘ La filosofía del Renacimiento y el sujeto moderno’ e Rafael Ramón Guerrero (Complutense de Madrid) e Ángel Poncela-Gonzalez (Univ. Salamanca) con ‘ Miskawayh: Sobre la amistad’ e ‘Humanismo y ética en el islam. La cuestión de los universales antropo-éticos’, respectivamente. A xornada rematará coa asemblea xeral da Sociedade.

A sesión do martes incluirá diversos relatorios de especialistas de universidades de Madrid, Pamplona, Barcelona e Mallorca así como de Portugal, Colombia ou México.

R., 2019-04-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES