Buscador
Noticias
Galicia acadou desde 2015 un aforro anual de 115 millóns de euros en xuros da débeda, e agora vai ser unha das comunidades autonómicas que se beneficien das boas condicións que ofrecen os mercados financeiros. Galicia cumpre os requisitos para poder combinar o financiamento nos mercados coa permanencia no Fondo de Facilidade Financeira, o mecanismo habilitado pola Administración do Estado para as comunidades cumpridoras. Galicia cumpre os obxectivos de estabilidade, o límite de débeda e regra de gasto, e cumpre o límite de pago a provedores, sendo a comunidade líder en España.
A primeira rolda de votacións das e dos académicos galegos sitúa aos filmes A sombra da lei e Trote como as producións máis votada entre as 167 que se presentaron aos XVII Premios Mestre Mateo, acaparando 15 candidaturas cada unha. A unha certa distancia sitúanse a serie O sabor das margaridas con 8, a longametraxe Contou Rosalía con 7, e o programa Land Rober Tunai Show e o documental Versogramas con 4 cada unha. A sombra da lei opta a facerse co galardón á mellor longametraxe, mellor dirección para Dani de la Torre e todas as categorías profesionais ás que optaba -dirección de arte, dirección de fotografía, dirección de produción, guión, maquillaxe e perruquería, montaxe, son, música orixinal e vestiario-.
Galicia pechou o ano pasado cun incremento da produción industrial do 4,9%, o que a sitúa como a segunda Comunidade na que máis medra este índice e ratifica o destacado papel deste sector na recuperación económica galega. O crecemento do Índice de Produción Industrial (IPI) de Galicia en 2018 é o maior rexistrado nun ano desde 2007 e, ademais, a Comunidade encadea catro subas consecutivas desde 2015. Por sectores, destacan os incrementos na produción de enerxía eléctrica (11,1%), a fabricación doutro material de transporte (77,8%) e a industria da alimentación, que sobe un 3,7%.
O Salon des Vacances de Bruxelas celebra este ano a súa 61 edición como un dos certames turísticos máis importantes do centro de Europa e conta, como en anos anteriores, coa presenza da oferta turística galega. Así, ata o vindeiro domingo, o recinto feiral Brussels Expo acolle, na capital belga, o expositor de Turespaña onde o departamento de turismo da Xunta promove os recursos e atractivos da Comunidade con dous módulos dentro do recinto español. Esta acción forma parte da estratexia de promoción exterior desenvolvida a través de Turismo de Galicia para fomentar a captación e fidelización dos distintos viaxeiros internacionais.
O Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, Escenas do cambio, levanta mañá o pano no Gaiás para dar a coñecer durante dez días as propostas máis innovadoras e arriscadas das creacións da vangarda internacional Vera Mantero, Ligia Lewis, Tino Sehgal, María Salgado & Fran MM Cabeza de Vaca, François Chaignaud, Marco Berrettini e MOTUS; da española Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel e como non, da galega.
Nas vindeiras semanas comezará a tramitación da Lei de impulso demográfico, que fará de Galicia a primeira Comunidade Autónoma que elevará a rango de lei as súas políticas neste ámbito. A demografía é un dos principais retos que ten por diante o Executivo autonómico e que para afrontalo cómpre a implicación do conxunto da sociedade. Esta lei pioneira dará continuidade ao traballo do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, foro de participación no que están representados grupos políticos, organizacións sindicais e empresariais, universidades, administracións local e central, entidades sociais, así como profesionais e expertos nesta materia.
A tempada de pesca para o ano 2019 na Comunidade autónoma galega comezará o vindeiro 17 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na orde que recolle as normas de pesca nas augas continentais, que hoxe publica o DOG. Trátase da orde anual na que se definen as normas xerais de pesca das distintas especies ictícolas nas augas continentais de Galicia, de acordo co previsto no Regulamento de pesca fluvial de Galicia. Entre as novidades destacables, a creación de dúas novas zona de adestramento no río Miño, na zona de Outariz, na súa marxe dereita e na zona de Rexa, na súa marxe esquerda; e no lugar A Ponte de Outeiro, augas arriba do límite superior do couto Terra Chá.
O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, interveu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento de Galicia, onde avanzou que a Xunta porá en funcionamento na primavera un distintivo obrigatorio para facilitar a identificación dos vehículos VTC. Ignacio Maestro reiterou que o Ministerio de Fomento debe establecer un marco regulador claro que garanta a competencia leal entre os sectores do taxi e das VTC e os dereitos dos usuarios.
Estas son as catro primeiras liñas de subvencións para rehabilitar vivendas que se convocan en 2019 e virán seguidas doutras sete que se convocarán tamén ao longo do primeiro semestre deste ano. En total, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ten previsto destinar no presente exercicio preto de 27 millóns de euros á concesión de distintos tipos de axudas para rehabilitación. Dos catro programas convocados, dous van dirixidos a solicitantes particulares (o de préstamos para rehabilitación e o programa Rehaluga) e os outros dous, a concellos (rehabilitación de vivendas de mestres e infravivenda rural).
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou hoxe de inaceptable que Galicia teña o peor presuposto do Estado desde hai 17 anos, cun investimento que baixa un 30% na comunidade, fronte a unha suba do 57% en Cataluña. E aseverou que son igualmente inaceptables as explicacións do Goberno central de que o déficit máis grande de infraestruturas está en Cataluña. Diante desta situación, avanzou que a Xunta instará a presentar nas Cortes as emendas aos PXE para poñer, como mínimo, o que estaba previsto nas anualidades de 2019, nos presupostos anteriores do ano 2018.