Noticias

Galicia presenta os seus recursos turísticos no Salon des Vacances de Bruxelas, un dos principais certames continentais

O Salon des Vacances de Bruxelas celebra este ano a súa 61 edición como un dos certames turísticos máis importantes do centro de Europa e conta, como en anos anteriores, coa presenza da oferta turística galega. Así, ata o vindeiro domingo, o recinto feiral Brussels Expo acolle, na capital belga, o expositor de Turespaña onde o departamento de turismo da Xunta promove os recursos e atractivos da Comunidade con dous módulos dentro do recinto español. Esta acción forma parte da estratexia de promoción exterior desenvolvida a través de Turismo de Galicia para fomentar a captación e fidelización dos distintos viaxeiros internacionais.

Os visitantes deste certame adoitan ser viaxeiros que planifican e organizan individualmente as súas vacacións, programando estadías de entre sete e quince días. Tamén a marca España Verde –formada por Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco– está consolidada neste mercado e un gran número de viaxeiros belgas percorren as rexións do norte peninsular, iniciando o seu itinerario no País Vasco e rematando na nosa Comunidade. Ademais, outro perfil de viaxeiro opta por iniciar en Galicia a súa viaxe e conclúe en Portugal. Para os seus desprazamentos, o medio de transporte máis habitual é o vehículo propio.

Máis turistas belgas

Polo que respecta á demanda turística de Bélxica en 2018, Galicia recibiu 20.611 visitantes que se aloxaron nos seus establecementos hoteleiros, onde realizaron 36.951 pernoitas. Esta cifra supón un incremento do 8,6% en relación ao mesmo período do ano 2017. Ademais, a estadía media dos viaxeiros belgas nos hoteis e pensións aumentou un 7%.

Por outra parte, Turismo de Galicia participa tamén estes días no certame CONFEC, que se celebra na cidade francesa de Cannes ao obxecto de promover o turismo de congresos, reunións e incentivos no mercado europeo, un segmento estratéxico no que Galicia conta cunha interesante combinación de elementos que fan dela un destino atractivo. Neste foro especializado os representantes de Turismo de Galicia terán a oportunidade de presentar os servizos e produtos relacionados co chamado turismo MICE aos operadores internacionais.

R., 2019-02-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES