Noticias

Galicia acadou desde 2015 un aforro anual de 115 millóns en xuros

Galicia acadou desde 2015 un aforro anual de 115 millóns de euros en xuros da débeda, e agora vai ser unha das comunidades autonómicas que se beneficien das boas condicións que ofrecen os mercados financeiros. Galicia cumpre os requisitos para poder combinar o financiamento nos mercados coa permanencia no Fondo de Facilidade Financeira, o mecanismo habilitado pola Administración do Estado para as comunidades cumpridoras. Galicia cumpre os obxectivos de estabilidade, o límite de débeda e regra de gasto, e cumpre o límite de pago a provedores, sendo a comunidade líder en España.

Galicia acadou desde 2015 un aforro anual de 115 millóns de euros en xuros da débeda, grazas ao control da débeda e a política rigorosa efectuada pola Xunta, e agora vai ser unha das comunidades autonómicas que se beneficien das boas condicións que ofrecen os mercados financeiros, segundo explicou hoxe o director xeral de Política Financeira e Tesouro, David Cabañó.

Nunha resposta parlamentaria, Cabañó confirmou que Galicia cumpre os requisitos para poder combinar o financiamento nos mercados coa permanencia no Fondo de Facilidade Financeira, o mecanismo habilitado pola Administración do Estado para as comunidades cumpridoras. Galicia cumpre os obxectivos de estabilidade, o límite de débeda e regra de gasto; cumpre o límite de pago a provedores, sendo a comunidade líder en España; e conta coa cualificación crediticia de grao de investimento, e ao cumprir todos estes requisitos poderá simultanear as dúas fontes de financiamento (mercados e fondo de facilidade).

O director xeral detallou que o retorno de Galicia aos mercados será gradual, e a previsión é que neste 2019 a metade do financiamento procederá dos mercados e a outra metade realizarase a través do Fondo de Facilidade, mentres que nos seguintes anos incrementarase de xeito paulatino a presenza nos mercados. Deste xeito, a Xunta de Galicia será unha das comunidades que se poderá aproveitar da abundante liquidez, dos tipos historicamente baixos e da elevada demanda dos investidores.

Ademais, David Cabañó sinalou que Galicia seguirá apostando pola diversificación dos instrumentos financeiros e por un alongamento da vida media da carteira de débeda, aproveitando as actuais condicións de financiamento que ofrece o mercado. Tamén confirmou que Galicia solicitou hai unhas semanas a autorización á Administración do Estado para realizar unha emisión de bonos por un importe de 400 millóns de euros.

Líder en control da débeda

Galicia é a comunidade de referencia no control da débeda pública, tal como mostran cada trimestre os datos oficiais do Banco de España. De feito, é a comunidade que menos aumentou o seu volume de débeda desde 2009 e grazas a iso agora é a 4ª comunidade con menor endebedamento de toda España, cando en 2008 tiña máis débeda que a media.

R., 2019-02-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES