Noticias

A produción industrial pecha 2018 cun incremento do 4,9%

Galicia pechou o ano pasado cun incremento da produción industrial do 4,9%, o que a sitúa como a segunda Comunidade na que máis medra este índice e ratifica o destacado papel deste sector na recuperación económica galega. O crecemento do Índice de Produción Industrial (IPI) de Galicia en 2018 é o maior rexistrado nun ano desde 2007 e, ademais, a Comunidade encadea catro subas consecutivas desde 2015. Por sectores, destacan os incrementos na produción de enerxía eléctrica (11,1%), a fabricación doutro material de transporte (77,8%) e a industria da alimentación, que sobe un 3,7%.

Esta tendencia no crecemento industrial completouse durante o ano pasado cun incremento das exportacións do 7,2% ata novembro de 2018; unha mellora do sector no mercado laboral xa que o paro industrial descendeu en máis dun 10% a peche de 2018 con respecto a decembro de 2017 mentres que as afiliacións subiron máis dun 14% (máis de 2 puntos por riba da media do Estado). Ademais, Galicia é a Comunidade na que máis se incrementaron os salarios neste sector (o 5%).

O Goberno galego está apoiando o incremento da produción industrial a través da Axenda Industria 4.0, que ten entre os seus obxectivos para o ano 2020 que o peso da industria creza no PIB galego; así como a través da Lei de implantación empresarial que busca facer de Galicia unha terra de oportunidades favorecendo os investimentos empresariais na Comunidade con medidas que ofrecen máis simplificación administrativa, máis incentivos e máis facilidades para o acceso ao solo.

R., 2019-02-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES