Archivo (2 del 2019)

Buscador

Noticias

Logo de avaliar no Consello da Xunta o informe da Consellería de Facenda sobre o avance do peche do exercicio de 2018, o presidente da Xunta confirmou hoxe que Galicia cumpriu o pasado ano os tres obxectivos de estabilidade orzamentaria e avanzou que pedirá ao Goberno central autorización para reinvestir o superávit, tal como xa habilitou en 2018 o Goberno de Rajoy. Se ben as cifras deberán ser confirmadas polo Ministerio de Facenda nos vindeiros meses, Feijóo subliñou, en primeiro lugar, que o documento non só constata que a Administración autonómica cumpriu en 2018 o límite de déficit público, que era do 0,4%, senón que pechou o exercicio con superávit contable: duns 125 millóns de euros.
O Proxecto Youtubeir@s, organizado polos servizos de normalización lingüística das tres universidades, de 13 concellos e a Deputación da Coruña, lanza a súa terceira edición coa meta de consolidar a comunidade de youtubeir@s que naceu, participou e medrou ao abeiro desta iniciativa nos últimos anos. “Este obxectivo únese así á esencia última do proxecto @s, que non é outra que promover e darlle visibilidade ao uso do galego a través de Youtube”, sinalou a coordinadora do proxecto, Mónica Fernández Valencia, quen presentou na Facultade compostelá de Ciencias da Comunicación o groso de actividades desta edición.
O 78,8% dos galegos e o 78,1% das galegas utilizaron Internet nos últimos tres meses. Esta diferenza de apenas 0,7 puntos sitúa a fenda dixital de xénero en Galicia no valor máis baixo desde que se rexistras datos neste ámbito. É unha das principais conclusións do estudo monográfico A Sociedade da Información dende una perspectiva de xénero, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O informe recolle un descenso de 2,3 puntos porcentuais respecto ao ano anterior en Galicia, que se distancia tanto da media española, situada en 1,8 puntos, como da media da Unión Europea que está en 3 puntos.
A agricultura ecolóxica en Galicia mantén a tendencia positiva e, a falta de pechar definitivamente o balance anual de 2018, os datos provisionais indican que a facturación chegou a superar os 80 millóns de euros. Este incremento é posible grazas a que aumenta tanto a superficie certificada nun 15% como o número de operadores nun 13%. Estes datos foron facilitados na feira de ecoloxía máis importante a nivel internacional, Biofach, en Núremberg, pola delegación trasladada dende a nosa comunidade para apoiar ás empresas galegas que se promocionan nela.
O audiovisual galego presentouse en Berlín diante da industria cinematográfica internacional, nun encontro celebrado no marco da 31ª edición do European Film Market (EFM), que se desenvolve do 7 ao 15 de febreiro en paralelo á Berlinale. Para a celebración deste evento especial, a organización volveu a escoller o Academie Lounge de Berlín, local situado moi próximo ás sedes do mercado, que reuniu a 200 profesionais coa finalidade de intensificar as relacións entre os representantes do audiovisual galego desprazados e a industria internacional convidada. Este encontro facilitoulles aos profesionais a posibilidade de ampliar a súa axenda de contactos e detectar potenciais clientes ou colaboradores.
O conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou no Parlamento galego a próxima elaboración dunha nova lei de prevención e extinción de incendios forestais, dada a gran aposta que fai a Xunta nesta materia. Fíxoo durante a súa comparecencia, a petición propia, para dar conta das liñas estratéxicas do seu departamento. Así mesmo, o titular de Medio Rural aproveitou a comparecencia para facer balance dos lumes rexistrados o pasado ano, que foron 1.426, afectando 2.608 hectáreas de superficie. O conselleiro defendeu a importancia da recente modificación da estrutura da consellería, coa creación dunha dirección xeral específica de Defensa do Monte, que xestiona xa todo o relacionado coa prevención e a extinción.
A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar hoxe a segunda semana de ‘Escenas do cambio’, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción do Gaiás, e faino cunha peza creada ‘ex profeso’ para a escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego por Isidoro Valcárcel (Murcia, 1937), un dos pioneiros da ‘performance’ en España e que conta cunha traxectoria creativa de máis de 40 anos que lle valeu os máximos recoñecementos como son o Premio Nacional de Arte e Premio Velázquez de Artes Plásticas. A presenza de Isidoro Valcárcel completouse cun obradoiro durante a primeira semana do festival.
A Xunta de Galicia realizará de xeito inminente a convocatoria de novas oposicións para cubrir un total de 847 prazas de emprego público na Administración galega. Estas 15 convocatorias serán publicadas no prazo máximo dun mes no Diario Oficial de Galicia (DOG), e desde ese momento abrirase un prazo para que as persoas interesadas poidan apuntarse. O director xeral da Función Pública, José María Barreiro, anunciou hoxe a posta en marcha duns procesos para o acceso á Xunta de Galicia “sen precedentes nas últimas décadas”. Neste sentido, recalcou que a totalidade dos procesos que se convocan serán de acceso libre.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizou un total de 209.718 intervencións cirúrxicas durante o pasado ano 2018 (205.277 en 2017). Delas 110.359, o 53% foron ambulatorias (107.710 en 2017) e 99.359 con ingreso (97.567 en 2017). Isto supón que máis da metade das intervencións cirúrxicas realizadas en 2018, non precisaron de ingreso hospitalario dos pacientes. A actividade ambulatoria considérase unha práctica beneficiosa para o paciente ademais de que, complementariamente, conleva unha mellor utilización dos recursos, aumentando os indicadores de resolución.
O Centro Dramático Galego (CDG) contará cun elenco integramente feminino para a súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, que se estreará o vindeiro 11 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela baixo a dirección escénica de Gena Baamonde. As intérpretes Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron as seleccionadas para encarnar todos os personaxes das dúas pezas que lle darán forma ao espectáculo: Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES