Noticias

Feijóo salienta que Galicia cumpriu en 2018 os tres obxectivos de estabilidade e avanza que pedirá ao Goberno central autorización para reinvestir o superávit

Logo de avaliar no Consello da Xunta o informe da Consellería de Facenda sobre o avance do peche do exercicio de 2018, o presidente da Xunta confirmou hoxe que Galicia cumpriu o pasado ano os tres obxectivos de estabilidade orzamentaria e avanzou que pedirá ao Goberno central autorización para reinvestir o superávit, tal como xa habilitou en 2018 o Goberno de Rajoy. Se ben as cifras deberán ser confirmadas polo Ministerio de Facenda nos vindeiros meses, Feijóo subliñou, en primeiro lugar, que o documento non só constata que a Administración autonómica cumpriu en 2018 o límite de déficit público, que era do 0,4%, senón que pechou o exercicio con superávit contable: duns 125 millóns de euros.

É dicir, con máis ingresos que gastos, grazas ao bo comportamento dos ingresos tributarios, a consecuencia da recuperación económica e pola chegada de ingresos extraordinarios; e, pola liquidación do período de fondos comunitarios 2007-2013.

Precisou que se trata dunha situación inédita na última década, xa que é a primeira vez, desde 2002, que Galicia acada superávit contable. O responsable da Administración autonómica incidiu na importancia de poder reutilizar, logo dunha planificación, ese superávit á investimentos financeiramente sostibles. “Galicia quere utilizar estes 125 millóns en investimentos en materia de sanidade, en materia de educación e en materia de servizos sociais,” sentenciou.

En canto ao límite da débeda, o presidente da Xunta subliñou ademais que en 2018 Galicia conseguiu reducir o seu endebedamento por segundo ano consecutivo, ata baixar a ratio ao 18,07%, por debaixo do límite do 18,4% autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira, o que consolida á Comunidade como a autonomía que menos incrementou o seu volume de débeda pública nos últimos dez anos.

“Neste momento estamos entre as catro comunidades con menos débeda de toda España, cando no ano 2008 estabamos entre as catro con máis débeda. E, grazas a isto, evitamos a emisión duns 4.000 millóns de euros de débeda”, dixo, precisando que o obxectivo para este 2019 é seguir na senda da redución do endebedamento.

Como terceiro punto, o responsable do Goberno galego sinalou que o informe ratifica tamén que en 2018 Galicia axustouse ao límite da regra de gasto, un mecanismo que ten como obxectivo evitar consolidacións procíclicas de gasto na Administración, evitando un aumento excesivo dos gastos estruturais que, en épocas de dificultade non poidan ser afrontados. “É dicir, evitar os erros do pasado que levaron á crise”, explicou, precisando que Galicia cumpriu en 2018 a regra de gasto, que para ese exercicio era do 2,4%, evitando a aprobación dun plan de axuste, obrigatorio cando unha administración a incumpre.

Como consecuencia disto, Feijóo lembrou que Galicia mantén intacto o seu autogoberno, pode conceder avais ás empresas para seguir medrando e pode utilizar unha taxa de reposición de efectivos públicos do 108%, o que se traduce en máis prazas nas oposicións, como se está a ver nestas últimas semanas.

Por último, o titular da Xunta aseverou que o documento acredita ademais que Galicia volveu ser en 2018 a comunidade de referencia no pagamento a provedores, cun tempo medio de pago de 13,3 días, é dicir, 22 días antes que a media autonómica (35,3 días) e 16,7 días por debaixo do límite de 30 días que establece a lexislación estatal. Feijóo lembrou que “Galicia é a maior pagadora de toda a Comunidade, aboando cada ano unhas 550.000 facturas”

“En resumo, Galicia cumpriu un ano máis os obxectivos de estabilidade orzamentaria: cumprimos déficit, débeda, regra de gasto e pagamento a provedores e, en 2018, Galicia achegou solvencia ao conxunto de España. E, por esa razón, queremos que o Goberno nos permita utilizar o superávit contable para aprobar neste 2019 un plan de novos investimentos a prol dos galegos”, abundou.

R., 2019-02-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES