Noticias

A agricultura ecolóxica medra en Galicia e factura xa 80 millóns de euros anuais

A agricultura ecolóxica en Galicia mantén a tendencia positiva e, a falta de pechar definitivamente o balance anual de 2018, os datos provisionais indican que a facturación chegou a superar os 80 millóns de euros. Este incremento é posible grazas a que aumenta tanto a superficie certificada nun 15% como o número de operadores nun 13%. Estes datos foron facilitados na feira de ecoloxía máis importante a nivel internacional, Biofach, en Núremberg, pola delegación trasladada dende a nosa comunidade para apoiar ás empresas galegas que se promocionan nela.

Esta delegación está presidida polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, e nela participa tamén o secretario do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia (Craega), Javier García.

Deste xeito, a Consellería do Medio Rural acompaña ás 13 empresas galegas que participan no certame que son: Conservas del Noroeste (Connorsa), conservas Orbe, frutos El Nogal, Jamones González, Galletas Daveiga, Mieles Anta, Pazo de Lusío, Orballo Innovaciones Forestales, Porto-Muíños, Producto de Aldea, Green Mixology, The Bio Factory (A Factoría Ecolóxica SL) e Coracai. Todas elas compartirán durante catro días un posto duns 120 metros cadrados divididos en dúas illas diferenciadas, nas que farán promoción dos produtos agroalimentarios ecolóxicos galegos. Ademais, o director da Agacal manterá un encontro con todos os produtores fóra do horario da feira de cara a coñecer as súas impresións e necesidades.

O custo desta actuación que organiza o Craega ascende a uns 55.000 euros, para os que conta con 36.000 euros de axuda da Consellería do Medio Rural, a través da orde de promoción que cada ano convoca para os produtores amparados baixo un réxime de calidade. Ademais, o Igape apoia as empresas participantes con axudas para a estancia e o traslado, a través do Galicia Exporta, programa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de reforzar na actual convocatoria cunha dotación de 8 millóns de euros.

A feira Biofach é unha cita imprescindible no mundo da alimentación ecolóxica e todo o que ten que ver coa sustentabilidade en xeral, pois o encontro está considerado como un dos importantes a nivel internacional na materia. Recibe máis de 50.000 visitantes en cada edición e conta cuns 3.000 expositores de 129 países, entre os que estarán os produtores galegos. Precisamente a presenza neste tipo de feiras é crucial porque permite non só acadar novos clientes, senón tamén coñecer as preferencias dos consumidores para poder desenvolver os produtos que demanda o mercado.

R., 2019-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES