Archivo (1 del 2019)

Buscador

Noticias

O turismo rural acadou un máximo histórico ao longo de 2018 ao rexistrar un total de 217.735 viaxeiros aloxados, o que supón un 0,6% máis que no ano anterior e un crecemento do 68% durante o último lustro. Os datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) permiten constatar a notable evolución que esta tipoloxía turística está a experimentar desde 2013, dado que hai só cinco anos a cifra total de viaxeiros nas casas de turismo rural era de 129.179. Malia que este sector amosou en 2017 un comportamento moi por riba do esperado, en 2018 foi quen de superar o seu resultado no total de viaxeiros.
Galicia conta xa cunha Estratexia de cambio climático e enerxía co fin de que a comunidade sexa o antes posible neutra en emisión de gases de efecto invernadoiro. Trátase dunha folla de ruta a longo prazo co obxectivo de alcanzar a neutralidade climática en 2050, traballando en catro ámbitos específicos de actuación. As emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia estímanse no ano 2016 en 27,9 millóns de toneladas de CO2 -un 4,7% por debaixo do ano 1990 e un 22,4% por debaixo do ano 2005-, e presentan un comportamento máis favorable que as emisións do conxunto de España no mesmo período.
Coa próxima apertura de estes novos recursos a prol da conciliación, Galicia contará con 61 casas niño situadas en distintos concellos de menos de 5000 habitantes. Respecto ao emprazamento das novas unidades, 7 delas se situarán na provincia da Coruña, concretamente nos municipios da Capela, Aranga, Irixoa, Monfero, Santiso, Vilarmaior e Vilasantar. Tres na provincia de Lugo, en O Paramo, Rábade e Triacastela e, as outras cinco restantes, nos concellos de Petín, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras e Vilardevós na provincia de Ourense. Non houbo solicitudes por parte dos tres concellos de Pontevedra que podían optar a este recurso.
Coa participación de empresas e institucións procedentes de quince países de catro continentes, a terceira edición de Fairway será a máis internacional das celebradas ata agora deixando patente o interese que a peregrinación xacobea esperta fóra das nosas fronteiras. Así o salientaron os organizadores deste foro do Camiño na presentación do evento, que terá lugar entre o 10 e o 12 de febreiro no compostelán Palacio de Congresos e Exposicións. A feira, que medrará un 20% con respecto á pasada edición, será máis que nunca o punto de encontro de todas aquelas persoas e institucións vencelladas ao Camiño de Santiago.
ArtesaCía traballa esta semana na sede do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro de Santiago, onde desde o día 31 ao domingo 3 de febreiro representará a comedia Chola a it girl. Farao como unha das cinco compañías que participan esta temporada no programa de residencias artísticas da compañía pública, que pon á súa disposición as instalacións da súa sede e o apoio do equipo técnico para ultimar ou perfeccionar as súas propostas. No caso de ArtesaCía, a peza teatral Chola a it girl forma parte do proxecto transmedia Chola&Lola, con creación, dirección e interpretación de Laura Villaverde.
Esta será unha das principais novidades do Plan de Inspección Ambiental de Galicia 2019-2024, o segundo destas características que se pon en marcha na comunidade co obxectivo de fixar os principais obxectivos no que respecta á realización deste tipo de controis e ás grandes liñas estratéxicas a seguir para poder acadalos. Así, Galicia converterase nunha das comunidades autónomas máis rigorosas e avanzadas en control ambiental, e será a única de España recoñecida desde o ano 2018 co certificado ISO 9001:2015 que acredita a calidade do seu traballo.
O novo volume La letteratura galega. Autori e testi verte ao italiano medio cento de textos arredor doutras tantas figuras das Letras Galegas, da man dos tres Centros de Estudos Galegos (CEG) italianos -Padua, Roma e Perugia- da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos e no marco da colección Finisterrae. O proxecto ten como obxectivo ofrecer unha obra de referencia e utililidade para quen se acheguen ás letras galegas, así como abranguer o ámbito universitario e literario da Italia máis galega, da Galicia máis internacional. O libro, coeditado polos profesores Gemma Álvarez Maneiro e Giovanni Borriero (CEG de Padua), está prologado polo profesor, investigador e académico da RAG Xesús Alonso Montero.
Galicia, Asturias e Castela e León solicitarán ao Goberno central un programa de actuacións e a demanda de financiamento comunitario para transformar o Corredor Atlántico de Mercadorías en sinónimo de competitividade, progreso económico e emprego; para transformar liñas ferroviarias deseñadas no século XIX, nun ferrocarril de mercadorías que lle permita ao Noroeste competir na Europa do século XXI. Unhas actuacións que se cifran nun investimento de preto de 3.000 millóns de euros para optar ao cofinanciamento con fondos europeos.
Galicia volveu cumprir obxectivos durante a súa participación na Feira Internacional de Turismo Fitur que remata hoxe en Madrid despois de cinco días de intensa actividade, tanto profesional como aberta ao público en xeral. O expositor galego foi visitado por máis de 76.000 persoas e conseguiu consolidar o atractivo da sólida oferta turística galega grazas a unha proposta que se reforza en 2019 con novidosas experiencia ao redor do patrimonio, da historia e da natureza. O expositor de Galicia acolleu máis de 40 presentacións das catro provincias, dando resposta ás entidades que así o solicitaron.
A programación de Pequefilmes abrangue todas as etapas da infancia, con tres seccións diferenciadas por idades: Vagalumes –de 0 a 3 anos–, Miñocas –para maiores de 4 anos– e Fanecas –a partir dos 7 e ata os 12 anos de idade–. En total durante os días 26 e 27 de xaneiro realizaranse no Museo Centro Gaiás máis de 150 proxeccións de curtametraxes procedentes de 30 países. Unha ampla escolma de películas con variedade de estilos, temáticas e historias para espertar a curiosidade e o gusto polo audiovisual de calidade entre a cativada. Catro traballos feitos na nosa comunidade poderán verse na sección a concurso de Pequefilmes.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES