
Deste xeito, ademais de no escenario, a historia de Chola desprégase través de múltiples medios e ferramentas narrativas, entre as que se atopa un canal de YouTube, un blog, perfís en redes sociais e unha tenda en liña.
Seguindo o estilo dos shows de coñecidos monologuistas, nesta comedia Laura Villaverde dálle vida á gran influencer galega Chola, cuxos trucos de beleza 100% ecolóxicos arrasan en YouTube. Agora é contratada por un teatro para realizar o seu primeiro titorial en directo, no que revelará en 10 sinxelos pasos os trucos para converterse nunha It Girl rectificada: youtuber, blogueira, mecánica de coches, traballadora do rural e piloto de rallys, ao volante do automóbil co que comparte escenario. Pero todo dá un xiro cando a protagonista recibe unha chamada en directo que a levará a confesar a súa faceta máis oculta e porá en evidencia as súas imperfeccións e humanidade, atributos nos que radica o seu éxito.
No Salón Teatro, representarase desde mañá xoves ao sábado, ás 20,30 h, e o domingo, ás 18,00 h. Ademais, tras a función de mañá terá lugar un encontro co público, no que os asistentes terán a oportunidade de intercambiar impresións sobre o espectáculo co equipo de ArtesaCía.
A venda anticipada de entradas xa está operativa en entradas.abanca.com e no teléfono 902 434 443 a un prezo de 8 euros (cos descontos habituais) de xoves a sábado e de 5 euros o domingo (tarifa única do Día do Espectador). Poderán adquirirse, así mesmo, no despacho de billetes do teatro, aberto desde dúas horas antes do comezo das funcións.
Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino híbrido E-Dixgal. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saír outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP Península da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Durante seis días do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da ría de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.