Archivo (1 del 2019)

Buscador

Noticias

O Grupo de Investigación Integrado de Enxeñaría Civil e Xeomática (Giceo) da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC traballou nos últimos anos xunto con investigadores da UVigo e un consorcio de empresas integrado por Extraco S.A., Betanzos HB S.L., Soutos Sativa S.L., Indutec Enxeñeiros S.L.U., Galaicontrol S.L. e Renga Enerxía S.L., na valorización de residuos e/ou co produtos agroindustriais e na posible obtención de bioprodutos de alto valor engadido con aplicacións na industria no marco do proxecto de investigación Innobiorresiduos, que contou cun orzamento de máis dun millón de euros.
A Biblioteca de Galicia celebrará o Día da Ilustración o próximo mércores 30 de xaneiro poñendo en valor a obra do artista vigués Federico Ribas Montenegro, protagonista desta data que promove a Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), a través do Calendario do libro e da lectura 2019. Ademais de adicarlle o Día da Ilustración a Federico Ribas Montenegro, a Biblioteca de Galicia tamén acollerá unha mostra de pequeno formato na que se exporán algunhas das obras máis singulares do ilustrador, debuxante e publicista.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aspirou hoxe a celebrar o mellor Xacobeo na mellor Galicia da nosa historia e recordou que non é só un proxecto de Galicia, senón de toda España: “Estamos a falar dun dos acontecementos turísticos e culturais máis relevantes que vivirá o conxunto do país nos vindeiros anos”, aseverou, invitando a todas as comunidades e ao Goberno central a cooperar neste gran proxecto. Durante a presentación de Turismo de Galicia en Fitur, Feijóo asegurou que o Xacobeo 2021 será un punto de inflexión na historia turística da Comunidade, como o foi o primeiro gran Xacobeo celebrado en 1993, e, con ese obxectivo, dixo, “Galicia xa empezou a preparalo e a celebralo”.
Galicia terá un Plan estratéxico e de dinamización territorial das cinco denominacións de orixe do viño de Galicia co obxectivo de mellorar o posicionamento dos nosos caldos e das comarcas que representan. Este plan, denominado 'Paseando entre viñedos: Enoturismo en Galicia. Senda estratéxica das comarcas vitivinícolas galegas', contará coa participación de todos os axentes clave do territorio e que pretende mellorar a coordinación público-privada para fomentar o desenvolvemento territorial a partir do sector vitivinícola. O primeiro paso será un estudo e posterior diagnóstico socioeconómico dos territorios implicados.
O novo itinerario que botará a andar por vez primeira nesta edición achegará aos viaxeiros á realidade viva da peregrinación xacobea. Saíndo da cidade da Coruña (Camiño Inglés) achegarase ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes (Camiño do Norte), á cidade de Lugo (Camiño Primitivo) e ao mosteiro de Samos (Camiño Francés). Percorrerá así catro dos dez itinerarios xacobeos en Galicia e reforzará á Ruta dos Mosteiros, iniciada a temporada pasada, ao incluír neste novo itinerario dous importantes exemplos do extenso e rico patrimonio monacal galego, ambos estreitamente vinculados aos camiños xacobeos de peregrinación.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Madrid na reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE), que tivo como obxectivo principal abordar o deseño de medidas de continxencia ante o Brexit. Durante o encontro, presidido pola ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, apostou pola coordinación entre o Goberno central e as comunidades autónomas como elemento fundamental para facer fronte aos posibles efectos que poida ter a saída do Reino Unido da Unión Europea.
Esta publicación dará a coñecer Galicia a través dunha particular guía de viaxes centrada en difundir os valores naturais da comunidade a través das súas árbores máis senlleiras e relevantes. O documento foi presentado esta mañá na Feira Internacional de Turismo (Fitur), e inclúe unha escolma cos 50 exemplares e formacións arbóreas más notables incluídos no catálogo galego de árbores senlleiras, un rexistro creado hai 12 anos pero en constante actualización. É a primeira guía destas características que se edita en Galicia.
Galicia acadou en decembro a maior cifra de turistas da súa historia, con máis de 220.000 viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros, o que supón un 9,2% máis que no mesmo mes do ano anterior. Así se desprende dos datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que amosan o intenso avance da estratexia de desestacionalización da demanda turística que se están levando a cabo na Comunidade. Estes resultados propician que Galicia fora a cuarta comunidade cunha maior evolución no último mes do ano, con subas moi por riba de media nacional en todas as variables.
O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves no Salón Teatro de Santiago o espectáculo internacional Doppelgänger, resultado dun proceso de creación colaborativo entre a compañía galega Berrobambán e a colombiana El Arca de N.O.E. co apoio da unidade de produción teatral da Xunta. O espectáculo, que toma o seu título do termo alemán que significa “o dobre que camiña ao lado”, poderá verse na sede do Centro Dramático Galego ata o día 27, con funcións ás 20,30 h. de xoves a sábado e ás 18,00 h o domingo. A peza destaca pola súa coidada estética e pola concentración da acción nun só escenario.
Galicia pechou o mes de novembro sendo a comunidade autónoma que mellor paga as súas facturas, o que supón que xa acumula nove meses consecutivos como a comunidade que atende con máis axilidade aos seus provedores, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. En concreto, Galicia acadou no mes de novembro un período medio de pago de 14,2 días, inferior ao mes anterior (14,8). Deste xeito, o período medio de pago de Galicia mantívose case 16 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES