Buscador
Noticias
Lugopoética dividiuse en seis sesións, cada unha protagonizada por dous autores - agás unha delas, na que interviñeron tres vinculados pola súa actividade, profesión ou por ter lazos familiares. Entre eles hai labregos, cregos, profesores ou filósofos, que leron anacos das súas obras e contrastaron as súas experiencias e puntos de vista. A iniciativa comezou no ano 2024 co obxectivo de divulgar a riqueza e potencial da creación poética na provincia.
O Claustro da Universidade de Santiago quedou constituído este luns 11 logo de ter mudado a súa composición nas eleccións do pasado 12 de febreiro. Tras a sesión extraordinaria, tivo lugar a ordinaria na que se presentou o informe do Valedor da Comunidade Universitaria correspondente ao curso 2024-2025 e na que a reitora fixo tamén un informe de situación.
Entre finais de abril e comezos de maio, o Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo levou a cabo a segunda campaña de sondaxes no castro de Hortas, nas illas Cíes. O proxecto foi levado a cabo en colaboración co Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia.
A UVigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento das vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas, coa publicación da sexta edición do catálogo Quero ser investigadora, unha publicación que recolle a historia de dez científicas da UVigo para inspirar as investigadoras do futuro. Ilustrado pola artista Alba Casanova, a través da técnica do collage debúxase a historia de dez novas referentes, dez científicas, mulleres, dez nenas que contribúen a construír un relato da ciencia máis xusto e representativo.
Xornalista, escritora, activista e un dos discursos máis destacados do feminismo galego contemporáneo. Todas estas voces emanan da figura de Begoña Caamaño a quen neste 2026 se lle dedica o Día das Letras Galegas. A USC a través da Biblioteca Universitaria e da Área de Cultura súmase a esta homenaxe cunha mostra que percorre a traxectoria vital da autora e o seu compromiso co pensamento crítico, coa lingua e cos dereitos das mulleres.
A Universidade Nacional Tsing Hua (NTHU) de Taiwán distingue ao profesor coruñés Ricardo García Mira coa cátedra honoraria 'Ching-Ching Hung-Dao'. Financiada pola Fundación que leva o mesmo nome, esta cátedra foi deseñada para recoñecer a excelencia en investigación, docencia e prestixio internacional, e ao mesmo tempo atraer ou reter talento académico. A cátedra está considerada un dos maiores recoñecementos académicos internos na Universidade Estatal Tsing Hua, con sede en Hsinchu, por riba dun posto ordinario de profesor.
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, conta desde agora cun novo catálogo. Nel recóllense en imaxes e texto dez mostras, de arredor dunha vintena de artistas moi diversos, que foron expostas nos seus muros entre setembro de 2023 e xullo de 2025 no marco do ciclo expositivo Recipro-edadiC, dirixido polo artista en profesor xa xubilado da Universidade de Vigo Javier Blanco Sierra.
A UDC vén de obter máis dun millón de euros para reforzar a investigación en computación e comunicacións cuánticas no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Este financiamento, concedido no marco dunha convocatoria impulsada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Axencia Estatal de Investigación, permitirá dotar ao centro de novas capacidades científicas nun ámbito clave.