
'Caamaño reivindicou a palabra das mulleres, levando por bandeira na súa actividade o feminismo, a sorodidade, a defensa da lingua e a xustiza social', salientou a reitora.
O volume colectivo presentado no acto, Begoña Caamaño: mudar o mundo, cuxa edición correu a cargo da profesora da Facultade de FiloloxÃa, MarÃa Xesús Nogueira, e que acaba de ver a luz co selo Edicións USC, profunda na figura da creadora homenaxeada. 'Lendo lendo son todas as Begoñas posibles, lendo son máis Begoña', afirmaba a propia Begoña Caamaño. Tomando esta frase como punto de partida, a profesora Nogueira 'foi desenleando, a través dun percorrido pola súa traxectoria, os fÃos de todas esas begoñas posÃbeis'.
'Crear outra forma de estar no mundo'
A profesora Nogueira comezou pola nena lectora do vigués barrio do Calvario, cidade que acolleu tamén os seus primeiros pasos profesionais. 'A chave que abriu as portas da profesión á que dedicou a súa vida, o xornalismo radiofónico, atopouna nunhas probas para acceder a un traballo temporal en Radio Noroeste', explicou Chus Nogueira. A Begoña xornalista formouse cubrindo información, 'co magnetófono e o bloc de notas como ferramentas, para esta emisora e, máis tarde, para Radio Popular e para a Delegación da Radio Galega'. Pero a faciana xornalÃstica de Begoña era indisociable do seu rol de activista. 'Entre esta primeira xeración de xornalistas mulleres que se reunÃan na fábrica con sindicalistas, que facÃan entrevistas nos barcos ou que percorrÃan as rúas seguindo as manifestacións estaba Begoña Caamaño: a voz que en 1990 publicaba en Festa da palabra silenciada o artigo ‘Ser muller na radioÂ’. A profesional que en 1998 formou parte da fundación de Mulleres Galegas da Comunicación, MUGACOM. A que deixou escrito que o feminismo supuña concibir e crear outra forma de estar no mundo', destacou a profesora Nogueira.
'Secundarias obrigadas'
A súa preocupación polo feminismo cristalizou tamén na escolla das personaxes centrais que poboarÃan a súa obra, 'mulleres fortes e apaixonadas', en palabras da propia Begoña, porque 'a súa condición de silenciadas, de excluÃdas, de secundarias obrigadas, dótaas dun potencial máxico incalculábel'. Begoña Caamaño publicou a súa primeira novela aos 45 anos. Circe ou o pracer do azul foi concibida na Biblioteca das Ãnimas ―a desaparecida Biblioteca de Buenas Lecturas, nas Casas Reais de Compostela― despois dun intenso traballo de documentación, de relecturas 'daquela Odisea que descubrira na infancia pero tamén doutras moitas versións das lendas homéricas arredor da figura de Penélope'. Para a profesora Nogueira, 'a autora semella coller o testemuño da Penélope que tamén querÃa navegar, traÃda ao verso por Xohana Torres e por moitas poetas ao longo da década dos noventa, para facer un exercicio de reescritura feminista da historia'. à reescritura de mitos volveu con Morgana en Esmelle, publicada tres anos máis tarde. Elixiu desta volta un material lendario prezado na literatura galega, como é a "materia de Bretaña" e fÃxoo convocando a un dos seus máis lúdicos recreadores, Ãlvaro Cunqueiro. A boa acollida de Morgana concindidou no tempo co diagnóstico da enfermidade que lle causarÃa, dous anos despois, a morte. 'Esta chegou no outono de 2014 e truncou unha carreira literaria de cuxo terceiro proxecto a autora falou nalgún momento: a reescritura (tamén feminista) de Sherezade, a muller que salvou a súa vida grazas ás historias', concluÃu Chus Nogueira.
Dende 1970
Francisco Cidrás, director do departamento de FiloloxÃa Galega, lembrou que desde o ano 1970 este acto das Letras comprende tamén a presentación dun libro dedicado á persoa homenaxeada e preparado dende o devandito departamento. Nesta ocasión, a Real Academia acordou dedicar o DÃa 'a unha muller excepcional, que todos temos na memoria polo seu coñecido activismo e sobre todo porque aÃnda deberÃa estar entre nós, e vai para doce anos que nos deixou. Begoña Caamaño convértese asà na sétima muller celebrada individualmente na historia do DÃa das Letras, na décimo cuarta de contarmos as cantareiras homenaxeadas por xunto na celebración do ano pasado'.
O profesor Cidrás salientou que a obra de Begoña Caamaño 'é unha constante reflexión sobre a necesidade de dialogar cos mitos e coas tradicións cunha ollada crÃtica. Sobre a necesidade de darlles unha volta colocando os focos nas sombras da tradición e denunciando as sombras que os focos do poder ocultan. Sempre cunha perspectiva humanitaria e coa mirada posta en como debemos construÃr o futuro máis que en sacralizar como foron as cousas no pasado, sen preguntarnos por que foron dese xeito e se é de xustiza que sigan sendo asÃ, só porque asà o foron sempre'.
Asinan os diferentes capÃtulos que integran a obra Dolores Vilavedra, Mª Teresa Amado RodrÃguez, Mario Regueira, Carme Silva DomÃnguez, Ana RomanÃ, Tareixa Navaza, Belén Regueira, Ana González Liste, Marga Tojo, Cláudia Morán Mato, LucÃa Junquera, Marilar Aleixandre, Rexina Vega, MarÃa Reimóndez e Cynthia Menéndez.
Homenaxe
Ademais da reitora, profesora Nogueira e profesor Cidrás, integraron a mesa presidencial a alcaldesa de Santiago, Goretti SanmartÃn, e a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana. A sesión contou coa lectura dramatizada de fragmentos de Morgana en Esmelle, a cargo das estudantes do grao en Lingua e Literatura Galega, Cecilia Gómez Gutiérrez, Iria Liñares Cereixo, Xiana Sar Rañó e Sabela Treinta Lomba; asà como coa intervención musical da artista Alba MarÃa.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.