Buscador
Noticias
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Economics and Business Administration for Society (ECOBAS) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) celebran o 20 de febreiro en Compostela as I Xornadas de Centros de Investigación Interuniversitarios de Galicia, primeiro encontro aglutinador de talento investigador das tres universidades galegas.
A Universidade da Coruña organiza a décimo primeira edición da FIRST LEGO League Galicia o vindeiro sábado 22 de febreiro, no Campus Industrial de Ferrol. Participarán un total de 53 equipos (27 na categoría FLL Challenge, 22 na FLL Explore e 4 na FLL Discover) e máis de 350 mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia
'Seres luminosos somos, non esta burda materia'. Corría o ano 1980 cando, na estrea da segunda entrega da saga cinematográfica Star War (Episodio 5: O imperio contraataca), o mestre Yoda invitaba a Luke Skywalker a 'sentir a forza' na enerxía ao seu redor. Apenas uns anos máis tarde (1986), o físico cuántico David Bohm escribía cara ao final da súa vida que 'a masa é un fenómeno de conexión de raios de luz que van e veñen, como conxelándoos nun padrón'.
A Fundación Enaire é unha institución cultural dependente do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostnible, que desde hai tres décadas desenvolve un amplo programa de actividades centradas na arte e a cultura aeronáutica e que celebrou o seu 30 aniversario nun acto no que fixo entrega dos premios Aeronáuticos 2024. O premio é un recoñecemento ao esforzo que están facendo o grupo Aerolab e o Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE).
A Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela (OCUSC) presenta x+MÚSICA, un proxecto que busca conectar diferentes xeracións de músicos que tiveron ou seguen tendo vínculo coa agrupación, ofrecéndolles a oportunidade de actuar como solistas ou de estrear as súa composicións en concertos organizados pola OCUSC. Ademais, cada interpretación será gravada en alta calidade. X+MÚSICA arranca coa publicación do primeiro vídeo, no que a contrabaixista Dina Durán Rodríguez interpreta o Concerto en Si menor de Bottesini xunto á OCUSC.
Dende que as JAI, Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial, botaron a andar en abril de 2004, a décima edición será máis multitudinaria da súa historia: 70 relatores, 40 horas de conferencias e mesas redondas, preto de 2000 asistentes máis de 40 expositores no showroom, unhas cifras que constatan o crecemento e consolidación destas xornadas bienais.
Música, exposicións, teatro, danza, fotografía, cinema... a Universidade de Santiago retoma a súa programación cultural en Lugo e Santiago os meses vindeiros coas máis variadas propostas, todas elas baixo o paraugas dunha nova Primavera Cultural que se estenderá ata ben entrado o mes de maio. A programación comeza xa esta semana, co XXIX Festival Internacional de Teatro Universitario da USC que se inicia este martes 11 no Salón Teatro de Santiago e co concerto do ciclo Lubicán íntimo' de Su Garrido Pombo e Marco Maril na Casa do Saber de Lugo o venres 14 ás 20.30 horas.
Un equipo da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense está a participar no proxecto estatal Fri-Housing. Nel, búscase desenvolver unha ferramenta para analizar os modelos de vivendas e contornas habitacionais amables para persoas con discapacidade intelectual dispoñibles en cada territorio e fomentar a existencia destes modelos.
Como cada ano, a Universidade de Santiago súmase o 11 de febreiro á conmemoración en todo o mundo do Día da Muller e a Nena na Ciencia. Arredor desa data, son numerosos os centros en Santiago e Lugo que contemplan accións divulgativas para pór en valor o traballo das mulleres científicas da USC á vez que espertar vocacións entre as futuras xeracións.
O programa 'Unha enxeñeira ou científica en cada cole' organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC en colaboración co Concello de Santiago arrancou a súa décima edición no compostelán CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei. Alí tivo lugar o obradoiro 'Física Divertida' que impartiron as profesoras e investigadoras da Área de Física Aplicada da USC María José Pérez Comuñas, María Jesús García Guimarey e Encina Calvo Iglesias