Notas de prensa

Premian unha investigación da UVigo sobre a eliminación de refugallo espacial

A Fundación Enaire é unha institución cultural dependente do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostnible, que desde hai tres décadas desenvolve un amplo programa de actividades centradas na arte e a cultura aeronáutica e que celebrou o seu 30 aniversario nun acto no que fixo entrega dos premios Aeronáuticos 2024. O premio é un recoñecemento ao esforzo que están facendo o grupo Aerolab e o Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE).

Presidido polo rei Felipe VI e o ministro de Transporte y Mobildad Sostenible, Óscar Puente, neste acto recoñeceuse co Premio Espacio á investigación sobre a eliminación de refugallo espacial realizada polos expertos do grupo Aerolab Manuel Sanjurjo Rivo, Higinio González Jorge e Luis Miguel González de Santos.

“O premio é un recoñecemento ao esforzo que estamos facendo desde o grupo Aerolab e desde o Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE) por impulsar proxectos de investigación no ámbito da navegación espacial autónoma”, salienta o catedrático Higinio González, docente da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. Publicada na revista IEEE Transactions on Aerospace, o estudo premiado, titulado Estimación de la Posición y Orientación de Objetos Espaciales mediante Inteligencia Artificial a partir de Mediciones LiDAR en Operaciones de Eliminación Activa de Desechos, forma parte da teses de doutoramento de Enrique Aldao, así como da colaboración dos investigadores da UVigo co profesor Manuel Sanjurjo, da Universidad Carlos III de Madrid. “O traballo céntrase na aplicación de tecnoloxía LiDAR nas operacións de redezvous espacial”, consistentes no acoplamento entre diferentes módulos e naves espaciais explica González, e nel participou tamén Luis Miguel González de Santos, quen realizou o seu doutoramento na UVigo.

Encontro da cultura e o sector aéreo

Máis de 200 representantes da cultura e do sector aéreo congregáronse na noite deste luns no acto celebrado no Ateneo de Madrid, no que Filipe VI fixo entrega tanto destes premios Aeronáuticos 2024, así como dos galardóns honoríficos outorgados con motivo do 30 aniversario desta fundación, da que o ministro Óscar Puente destacou a súa traxectoria centrada en “promover a cultura aeronáutica e divulgar a historia do transporte aéreo e das súas infraestruturas”.

Xunto aos investigadores da UVigo, Enaire recoñeceu co Premio Honorífico de Aeronáutica ao investigador granadino Emilio Herrera, a título póstumo, así como ao fotógrafo Chema Mazos, co Premio Honorífico 30 Aniversario de Fotografía. Tamén foron distinguidas a fotógrafa Paloma Navales, a investigadora Raquel Delegado Aguilera, os estudantes Marina Pérez e Marina Martinez, das universidades Politécnica de Madrid e Carlos III, respectivamente, o responsable da empresa H2 Dron Energy, Marcos González, e a xornalista Laura Velasco.

Universidade de Vigo (UVigo), 2025-02-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES