Notas de prensa

A XI edición da FIRST LEGO League Galicia reúne o 22 de febreiro a mais de 350 mozos e mozas en Ferrol

A Universidade da Coruña organiza a décimo primeira edición da FIRST LEGO League Galicia o vindeiro sábado 22 de febreiro, no Campus Industrial de Ferrol. Participarán un total de 53 equipos (27 na categoría FLL Challenge, 22 na FLL Explore e 4 na FLL Discover) e máis de 350 mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia

A sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu este mércores a presentación desta décimo primeira edición á que asistiron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez; e o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz.

Na súa intervención, o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, José Antonio Becerra, explicou que o torneo terá lugar, por terceiro ano consecutivo, no Campus Industrial de Ferrol. As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación, mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol. Do mesmo xeito, aproveitou tamén para agradecer o traballo que realizan os preto de 100 voluntarios e voluntarias da Universidade da Coruña (UDC) que ano tras ano colaboran nesta iniciativa.

Pola súa banda, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC, Ana Ares, destacou a relevancia dun evento internacional que “une ao campus” e que “atrae ata este espazo e ata esta cidade a un moi bo número de mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias”. Acto seguido, fixo fincapé no papel que xogan as entidades colaboradoras, citando a todas as empresas e entidades que forman parte do proxecto e agradecendo o apoio prestado pola Xunta da Galicia, a Deputación da Coruña e máis do Concello de Ferrol.

Do mesmo xeito, a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística, Patricia Cons, puxo en valor todo o traballo que realiza o profesorado e alumnado implicado neste programa educativo internacional “fóra de horario lectivo, botando man do seu tempo libre e de ocio”. Para rematar, o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), Marcos Míguez, e o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz, aseguraron que a elección Ferrol como sede da GRAN FINAL Nacional da FIRST LEGO League, programada para o 29 de marzo, é “un premio” a todo o traballo realizado a prol da promoción das materias STEAM nestes últimos dez anos.

Colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social – dependente da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración –, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gabadi, Gadis, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.

Que é a FIRST LEGO League?

A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.

O desafío FIRST LEGO League en España

Desde o ano 2022, a Asociación Ingeniera.Soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.

Como funciona a FIRST LEGO League?

Cada temporada, a FIRST LEGO League permitirá aos mozos e mozas ver a ampla gama de oportunidades da industria STEAM botando man da súa exploración como parte de SUBMERGED, un desafío no que utilizarán o pensamento creativo e a tecnoloxía LEGO para explorar as capas do océano e levar as súas aprendizaxes e ideas á superficie mentres navegan cara o futuro. O seu obxectivo final será o de imaxinar e innovar novas formas de crear e comunicar arte en todo o mundo.

Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:

- O Proxecto de Innovación. Un proxecto que explique e detalle a súa solución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.
- O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misións nun taboleiro de xogo relacionado co desafío.
- A integración dos valores FIRST LEGO Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.

Universidade da Coruña (UDC), 2025-02-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

Logo dos traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta campaña de escavacións na parroquia de Santa María Madalena de Adai (Lugo), na propiedade da Asociación da Comunidade de Montes M.V.M.C. Vecinos de Adai, profunda agora en dous abrigos, un deles, coñecido como Pena Travesa, cun petróglifo con deseños complexos de cazoletas na parte superior da rocha.
A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), un encontro que reunirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC) profesorado das tres universidades públicas galegas para compartir experiencias, boas prácticas e propostas ante os novos retos da docencia universitaria.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES