Notas de prensa

A Orquestra e Coro da USC lanza o proxecto x+MÚSICA

A Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela (OCUSC) presenta x+MÚSICA, un proxecto que busca conectar diferentes xeracións de músicos que tiveron ou seguen tendo vínculo coa agrupación, ofrecéndolles a oportunidade de actuar como solistas ou de estrear as súa composicións en concertos organizados pola OCUSC. Ademais, cada interpretación será gravada en alta calidade. X+MÚSICA arranca coa publicación do primeiro vídeo, no que a contrabaixista Dina Durán Rodríguez interpreta o Concerto en Si menor de Bottesini xunto á OCUSC.

Esta gravación, realizada coa calidade profesional que caracteriza as producións da USC, estará dispoñible nos canais oficiais da OCUSC.

Os concertos deste proxecto serán programados anualmente e están abertos a propostas de antigos e actuais membros da OCUSC, garantindo a excelencia interpretativa e a posibilidade de dar visibilidade a novos talentos musicais.

Toda a información sobre as bases de participación e futuras convocatorias estará dispoñible a través do correo [email protected].

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2025-02-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261111-xunta.jpg) Celébrase o XIV pleno do Consello de Comunidades Galegas, do que sairá elixida a súa nova Comisión Delegada, composta por 13 entidades de España, Europa e América, coa misión de traballar polos intereses dos galegos na diáspora durante os vindeiros tres anos. Na inauguración do Consello foron homenaxeados catro galegos pola súa contribución a estreitar lazos entre Galicia e o Brasil. Os recoñecidos son a presidenta da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instruçao, María Dolores Daparte; o presidente da Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro, Casto Vieites; a expresidenta da asociación Recreo de Anciáns da Vellez Desamparada, Regina Jallas, e a voluntaria e colaboradora da Asociación Cultural Hispano-gallega Caballeros de Santiago, de Salvador de Bahía, Lourdes Valencia.
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O festival EmigraSON pecha o cartel para a súa quinta edición, que se celebrará en Bruxelas os días 5 e 6 de marzo de 2027. As últimas incorporacións son Carlangas, 9Louro e Tapa D’Orella, ademais da Asociación Cultural Galega A Roda, de Lausanne, que protagonizará a foliada da primeira xornada. Carlos Pereiro, máis coñecido como Carlangas, é un músico orixinario de Monterroso pero compostelán de adopción. Alí fundou en 2007 Novedades Carminha, unha das bandas galegas máis exitosas das últimas décadas coa que publicou cinco álbumes ata a súa disolución en 2022.
A IA converteuse nun dos fenómenos con maior impacto social dos últimos anos, xerando ao mesmo tempo novas oportunidades e importantes interrogantes éticos, sociais e legais. As súas aplicacións están a transformar ámbitos como a educación, a comunicación, o acceso á información, o emprego ou a toma de decisións. Ao mesmo tempo, o seu avance vai acompañado de relatos, mensaxes e informacións que contribúen a facer pasar por verdade aquilo que non o é.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES