'Asà que a materia, por asà dicilo, é luz condensada ou conxelada'. Unha idea estudada cientificamente, á súa vez, sesenta anos antes (1926) polo fÃsico e filósofo Erwin Schrödinger na súa célebre ecuación de onda, que describÃa a evolución das ondas de materia no tempo para entender o comportamento ondulatorio das partÃculas subatómicas.
Catro décadas despois das reflexións de David Bohm e o mestre Yoda, e transcorrido case un século desde a ecuación de Schrödinger, un novo proxecto de investigación do Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS) afondará no estudo da mesma idea -a materia como ‘esencia enerxéticaÂ’- para axudar a persoas con enfermidades terminais e aos seus seres queridos a afrontar a fase final da vida, co propósito de aliviar a dor e a ansiedade causados pola proximidade da morte.
Farao a través da Realidade Virtual (RV), un campo de investigación transversal e extremadamente familiar para David Glowacki, doutor en Mecánica Cuántica que explora as diferentes posibilidades desta tecnoloxÃa desde Compostela xunto co seu grupo de investigación no Laboratorio de Realidades Intanxibles (IRL). Glowacki, incorporado ao centro de investigación da USC en 2022 a través do programa de captación de talento Oportunius da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, dirixe tamén o proxecto ‘NanoVRÂ’, actualmente en desenvolvemento e financiado con preto de 2 millóns de euros polo Consello Europeo de Investigación cunha das súas prestixiosas axudas Consolidator Grant.
O cientÃfico, natural de Milwaukee (Wisconsin, EEUU), celebraba a consecución do novo proxecto, cualificándoo como unha investigación “de vangarda”. “Estou emocionado de ter a oportunidade de liderar un proxecto que ten un potencial impacto global con orixe aquà mesmo, en Santiago de Compostela, xa que esta cidade ten unha reputación como lugar de contemplación espiritual”. “É moi poético”, continúa, “que este novo proxecto, que busca usar a tecnoloxÃa para axudarnos a contemplar a nosa propia mortalidade dun xeito construtivo, teña a súa orixe aquÃ. Espero con ansia ver o que xorde deste traballo”, sinala David Glowacki.
O novo desafÃo cientÃfico leva por nome NUMADELIC (‘Experiencias para mellorar os resultados de saúde mental en pacientes con enfermidades potencialmente mortaisÂ’), e conta co apoio económico da fundación norteamericana Tiny Blue Dot Foundation, que lle asignou un orzamento de máis de 900.000$ para os próximos tres anos. Esta ambiciosa iniciativa aplicará tecnoloxÃas de realidade virtual para recrear experiencias próximas á morte ou NDEs (acrónimo inglés de ‘Near-death-experiencesÂ’), co obxectivo de reducir a ansiedade e fomentar o benestar emocional en pacientes terminais e os seus seres queridos. Un tipo de experiencia que o propio Glowacki viviu en primeira persoa, tal e como el mesmo relatou nunha entrevista co gallo da súa inminente incorporación ao CiTIUS da USC.
Unha experiencia inmersiva contra a ansiedade
Se cadra máis que calquera outra experiencia, a morte ten un significado fundamental debido á súa inevitabilidade. Porén, as experiencias próximas á morte (NDEs) parecen diminuÃr rápida e drasticamente a ansiedade asociada a este proceso final. Moitas persoas que viviron estas experiencias manifestaron que a conciencia persiste máis aló da existencia material.
O nome do novo proxecto (‘NUMADELICÂ’) provén da idea de enfoque 'numadélico': un termo acuñado polo Laboratorio de Realidades Intanxibles que combina as palabras gregas pneuma (que significa «alento», «espÃrÃto» ou «alma»), e delein, (que significa «revelar» ou «manifestar»). AsÃ, o fluxo numadélico pode considerarse un fluxo que «manifesta o espÃrito», e no caso deste novo proxecto, simboliza o uso da realidade virtual para deseñar experiencias inspiradas nos relatos de persoas que viviron situacións próximas á morte.
Este enfoque, que evoca un concepto do budismo tibetano coñecido como Clear Light (CL) ou ‘luz puraÂ’, permite ás persoas con enfermidades terminais experimentar aspectos fundamentais das NDEs, como a percepción da conciencia máis aló do corpo fÃsico. O obxectivo en todo caso é aliviar o medo, a ansiedade, a depresión e o illamento social que adoitan enfrontar estes pacientes e as súas familias. Clear Light non só ofrece unha perspectiva transformadora sobre a vida e a morte, senón que tamén ten o potencial de suxerir un novo debate cultural sobre estes temas. A través de estudos en laboratorio, entrevistas e medicións fisiolóxicas, o proxecto busca optimizar este programa para maximizar os seus beneficios curativos. NUMADELIC inclúe tamén un ensaio controlado aleatorizado (RCT) en colaboración con médicos de coidados paliativos e doulas (persoas que proporcionan apoio emocional, práctico e espiritual a quenes están no proceso de morrer e ás súas familias), para avaliar o seu impacto na saúde mental dos pacientes, tanto a curto como a longo prazo.
Ampliando os lÃmites da percepción humana
NUMADELIC é un dos 12 grandes proxectos financiados en todo o mundo pola Tiny Blue Dot en 2024, tras unha minuciosa revisión entre preto de 200 propostas recibidas a nivel global, que foron avaliadas a través dun rigoroso proceso de revisión de dobre cego (un sistema de avaliación no que tanto o avaliador como a persoa ou institución candidatas permanecen anónimas entre si, para evitar prexuÃzos ou nesgos). Na segunda edición desta convocatoria global, coñecida como ‘The Science of Perception BoxÂ’ (‘A ciencia da caixa da percepciónÂ’), a fundación apoiará outras 11 investigacións lideradas por institucións de tres paÃses (Estados Unidos, PaÃses Baixos e Australia), ademais do propio proxecto do CiTIUS, único en España.
ConstituÃda como unha organización sen ánimo de lucro, a Tiny Blue Dot Foundation ten como misión axudar as persoas a comprender e expandir os lÃmites da súa percepción. O seu obxectivo principal é desenvolver ferramentas e técnicas seguras, eficaces, accesibles e cientificamente fundamentadas que reduzan o sufrimento, aumenten a aceptación persoal e colectiva, e transformen encrucilladas emocionais (como o trauma ou a ansiedade) en oportunidades de crecemento e benestar. A través da súa prestixiosa convocatoria anual, a fundación apoia proxectos internacionais que exploran como modificar a percepción humana pode ter beneficios tanxibles na calidade de vida das persoas.
NUMADELIC alÃñase plenamente con estes propósitos, xa que, ao ofrecer unha ferramenta transformadora para explorar a conexión entre a vida e a morte, supón un avance significativo na forma en que os seres humanos entendemos e afrontamos estes desafÃos universais. O proxecto desenvolverase en Galicia e Estados Unidos (a través da startup tecnolóxica Anuma), en estreita colaboración coa Dirección de OncoloxÃa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), onde en marzo de 2025 comezarán os primeiros ensaios controlados. AÃnda que o grupo de pacientes para esta fase inicial xa está definido (participarán un total de 40 persoas, ademais dun pequeno grupo de pacientes sen diagnóstico médico), “no futuro esperamos ampliar os grupos de control e, chegado o caso, explorar novas posibilidades de colaboración cientÃfica e tecnolóxica”, afirman desde o IRL.
TecnoloxÃa ‘vivaÂ’ (e para a vida)
NUMADELIC pon en valor a capacidade da tecnoloxÃa para transcender disciplinas e mellorar a vida das persoas. “Demostrar que as contornas de realidade virtual multiusuario poden axudar a aliviar a ansiedade e a depresión que enfrontan as persoas con diagnósticos terminais, como sucede con algúns tipos de cancro, representa un reto significativo na nosa investigación”, explican.
“É importante desenvolver novas formas de apoiar a saúde mental de quen afronta unha enfermidade, asà como a dos seus familiares e seres queridos”. Desde o laboratorio IRL explican que a medicina moderna ten desenvolvido unha ampla gama de enfoques para tratar os corpos fÃsicos dos pacientes con enfermidades potencialmente mortais ata o momento da súa morte; non obstante, hai significativamente menos recursos dispoñibles para axudar aos pacientes a xestionar o medo, a incerteza e a soidade que adoitan acompañar un diagnóstico terminal. NUMADELIC nace co propósito de contribuÃr ao desenvolvemento de novas tecnoloxÃas que aborden esa carencia.
“Este proxecto ten o potencial de transformar as nosas actitudes cara á morte e o proceso de morrer, algo que a nosa cultura precisa desesperadamente”, opina David Glowacki. “En termos xerais, a nosa sociedade tende a ignorar a realidade da morte, enfatizando, no entanto, a supervivencia por riba de todo”. “Isto non é sostible a longo prazo”, prosegue. “Eventualmente, teremos que desenvolver ferramentas para falar, reflexionar e tratar coa morte que igualen o nivel de sofisticación que acadamos noutras áreas”, explica o investigador.
NUMADELIC inspÃrase en investigacións previas do laboratorio IRL, cuxa experiencia en realidade virtual ten demostrado xa como esta tecnoloxÃa pode inducir estados de transcendencia persoal e xerar beneficios para a saúde comparables aos logrados con fármacos psicodélicos, mais dun xeito controlado e seguro. Estas investigacións, publicadas en revistas cientÃficas de máximo impacto, como Nature Scientific Reports, sentaron as bases para adaptar este tipo de ferramentas a contextos médicos.
O novo proxecto reforza tamén a posición do CiTIUS como un referente de innovación cientÃfica e tecnolóxica en tecnoloxÃas intelixentes. David Glowacki, un dos principais referentes mundiais en realidade virtual, afirma que a concesión desta nova axuda ao centro “é un recoñecemento importante á excelente investigación que se está a desenvolver no CiTIUS e, en xeral, dentro do ecosistema galego de investigación e innovación. É ademais un extraordinario indicador do éxito do Programa Oportunius, impulsado por GAIN para atraer talento investigador internacional á rexión”, conclúe o máximo responsable de NUMADELIC, para quen este proxecto ten implicacións Ãntimas de profundo calado.
“Persoalmente, este novo desafÃo significa moito para min”, confesa o cientÃfico estadounidense. “En 2006 sufrÃn unha experiencia próxima á morte que transformou a miña actitude cara a ela. Non sentÃn medo, senón unha sensación de paz, curiosidade e asombro, como se me estivese movendo cara a un estado de descanso noutra dimensión. As experiencias de realidade virtual multiusuario que estamos a desenvolver co financiamento de Tiny Blue Dot baséanse na fenomenoloxÃa da miña propia experiencia, e espero que poidan axudar a comunicar a quen afronta a morte o mesmo sentido transcendental de paz que eu mesmo experimentei cando me enfrontei a ela”. “Ao fin e ao cabo”, conclúe Glowacki, “iso é o que buscamos: servir ás persoas a través da ciencia e a tecnoloxÃa”.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.